Nanoquímica
A nanoquímica é unha rama da nanociencia relacionada coa produción e reaccións de nanopartículas e os seus compostos.
Está relacionada coas propiedades e características asociadas con ensamblaxes de átomos ou moléculas sobre unha escala que varía de tamaño dos bloques individuais até as do material aglomerado.
O profesor Geoffrey Ozin, da Universidade de Toronto, está considerado como o pai da nanoquímica. O seu visionario artigo "Nanochemistry - Synthesis in Diminishing Dimensions".[1] estimulou a todo un novo campo: propoñía que os principios da química poderían aplicarse á síntese de materiais de "abaixo cara a arriba" "sobre calquera escala de lonxitude" mediante os "principios de construción de bloques xerárquicos", isto é, utilizando bloques de construción de escala nano/molecular "programados" con información química que os autoensamblaría espontaneamente, dunha maneira controlada, en estruturas que abarcan un amplo intervalo de escalas de lonxitude.
A nanoquímica é unha das tantas aproximacións que a nanociencia ten cara ao deseño, caracterización e racionalización das propiedades e estrutura dun material nanoestruturado.
Esta ciencia emprega metodoloxías da síntese química e a química de materiais para obter nanomateriais con tamaños, formas, propiedades superficiais, defectos e propiedades autoensamblantes específicos, deseñados para cumprir con usos e funcións específicas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Brechignac, C.; Houdy P. & Lahmani M. Eds. (2007): Nanomaterials and Nanochemistry. Berlín: Springer. ISBN 978-3-5407-2993-8.
- Klabunde, Kenneth J.; Ryan M. Richards, eds. (2009). Nanoscale Materials in Chemistry (2nd ed.). Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-470-22270-6.
- Ozin G., Arsenault A .C. & Cademartiri L. (2008): Nanochemistry: A Chemical Approach to Nanomaterials 2nd Ed. Londres: Royal Society of Chemistry. ISBN 978-1-8475-5895-4.
- Steed, J. W.; D .R. Turner & K. Wallace (2007): Core Concepts in Supramolecular Chemistry and Nanochemistry. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-4708-5867-7.
- Watarai, H.; N. Teramae & T. Sawada (2005): Interfacial Nanochemistry: Molecular Science and Engineering at Liquid-Liquid Interfaces (Nanostructure Science and Technology). Nova York: Kluwer Academic/Plenum Publishers. ISBN 978-0-3872-7541-3.
Notas
editar- ↑ Geoffrey A. Ozin (1992): "Nanochemistry: Synthesis in diminishing dimensions". Advanced Materials 4 (10): 612-649.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|