O libro do té
O libro do té (xaponés: 茶の本; Hepburn: Cha no hon) é un libro de Okakura Kakuzō publicado no 1906.[1][2] Trátase dun ensaio que vincula a cerimonia do té con aspectos estéticos e culturais da vida xaponesa. Tamén contén críticas ás caricaturas occidentais sobre "o Oriente".[3]
The Book of Tea | |
---|---|
Título orixinal | The Book of Tea |
Autor/a | Okakura Kakuzō |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ensaio |
Data de pub. | 1906 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contidos
editarComposto para o público occidental, o libro foi escrito orixinalmente en inglés.[3] Okakura aprendera a lingua dende novo, e xa tiña experiencia comunicando as súas ideas para unha audiencia occidental. Na obra, comenta temas coma o zen ou o Daoísmo, así como aspectos seculares do té e da vida nipoa. Pon énfase en como a cultura do té ensinou aos xaponeses valores como a simplicidade e a humildade:[1]
A cultura do té inculca pureza e harmonía, o misterio da caridade mutua, o romanticismo da orde social. É, en esencia, un culto ao imperfecto, xa que se trata dun tenro intento de lograr algo posible nesta cousa imposible que chamamos vida.
Okakura pensaba que estes valores debían dar forma a todas as cousas, dende as artes á arquitectura ou a vida cotiá, como xa se facía no Xapón.[3] Segundo o libro, a cultura do té é un remedio universal para acadar unha reconciliación profunda entre grupos en conflito.
Porén, os occidentais, segundo Okakura, non vían na cerimonia do té máis ca outra extravagancia ou peculiaridade dos pobos asiáticos, coma un exemplo do seu carácter infantil.[3] Co resultado da recente guerra ruso-xaponesa en mente, Okakura criticou esta visión contraditoria sobre os xaponeses, que eran considerados civilizados cando "cometían masacres en Manchuria", e bárbaros cando exercían este tipo de artes pacíficas.[1]
O libro remata falando dos grandes mestres do té,[3] entre os que destaca Sen no Rikyū, un dos grandes contribuíntes á cerimonia do té.[1]
Influencia
editarO libro exerceu unha notable influencia en moitos intelectuais, escritores e artistas, entre os que destacan Frank Lloyd Wright, Arthur Wesley Dow ou Georgia O'Keeffe.[4][5][6] A idea de estar situado no mundo, coa que Okakura describe a filosofía de Zhuangzi, podería ter influído en Sein und Zeit (1927) do pensador alemán Martin Heidegger.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Kakuzo, Okakura (2019-01-01). El libro del té (en castelán). Editorial Verbum. ISBN 978-84-9074-763-6.
- ↑ "Okakura Kakuzō - Japanese philosopher, educator, art historian - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-11.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Peñas, Juan Ignacio García de las (2018-12-21). ""El libro del té" de Okakura Kakuzo". Revista Ecos de Asia (en castelán). Consultado o 2024-01-11.
- ↑ Nute, Kevin (2000). Frank Lloyd Wright and Japan: The Role of Traditional Japanese Art and Architecture in the Work of Frank Lloyd Wright (en inglés). Psychology Press. ISBN 978-0-415-23269-2.
- ↑ Dow, Arthur Wesley (1916). Composition, a Series of Exercises in Art Structure for the Use of Students and Teachers (en inglés). Doubleday, Doran and Company, Incorporated.
- ↑ Udall, Sharyn Rohlfsen (2000-01-01). Carr, O'Keeffe, Kahlo: Places of Their Own (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-09186-1.
- ↑ Imamichi, Tomonobu (2004). "In search of wisdom: one philosopher's journey". philpapers.org (en inglés). Consultado o 2024-01-11.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xapón |