[go: nahoru, domu]

Pocomaco

polígono comercial, industrial e loxístico na Coruña

Pocomaco[1] ou Po. Co. Ma. Co. son as siglas polas que se coñece o Polígono de Comercio Maiorista da Coruña, un polígono comercial, industrial e loxístico situado no lugar de Mesoiro, no concello da Coruña.

Pocomaco
Centro loxístico de Estrella Galicia en Pocomaco
Tipopolígono industrial
EnMesoiro
PaísGalicia
43°20′11″N 8°25′21″O / 43.336388888889, -8.4225
Na rede
https://pocomaco.com/
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En febreiro de 1967 formouse a asemblea constitutiva, e en xullo de 1972 comezaron as obras de urbanización, rematadas en decembro de 1974.

No polígono están instaladas empresas senlleiras como El Ideal Gallego, Prosegur ou Armería Álvarez e teñen importantes departamentos outras como Hijos de Rivera (centro loxístico) ou Abanca (centro tecnolóxico).[2]

A finais da primeira década do século XXI construíuse mediante iniciativa privada o polígono industrial de Vío, para complementar o xa saturado Po.Co.Ma.Co.,[3] porén en 2017 a téxtil Caramelo, a única empresa instalada na nova infraestrutura, anunciaba a súa quebra e liquidación.[4]

En 2013 inaugurouse o primeiro dos tres aparcadoiros disuasorios de balde dos que dispón o polígono.[5]

Accesos

editar

Ferroviario

editar

O polígono conta cun cargadoiro en desuso que orixinariamente estaba conectado á liña A Coruña-Zamora. Contémplase de cara ao futuro aproveitar esta circunstancia para construír nas proximidades unha conexión co novo Porto Exterior.[6]

Estradas e autoestradas

editar

Transporte público

editar

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar