Propelente sólido
Os propelentes sólidos para foguetes son aqueles nos que o combustible e o oxidante están embebidos nunha matriz sólida.
Algunhas das súas vantaxes son:
- A súa alta densidade e baixo volume.
- Se poden almacenar por longos períodos de tempo.
- Ignición inmediata sen necesidade de operacións de enchido de propelente.
- Alta fiabilidade.
E algunhas das súas desavantaxes son:
- A masa dos foguetes que os conteñen é lixeiramente maior que nas súas contrapartidas líquidas.
- Menor rendemento que os propelentes líquidos.
- Problemas de transportabilidade ao tratarse dun tipo de propelente que se inserta no foguete en fábrica: o foguete necesítase transportar ou completo ou en segmentos.
- Despois de ser acendidos é moi difícil apagalos ou regular o pulo.
- Os fallos de foguetes de propelente sólido adoitan ser catastróficos.
As súas vantaxes fanno o propelente ideal para aplicacións militares.
Historia
editarPódese considerar a pólvora, usada xa polos chineses no século XIII, como o primeiro propelente sólido da Historia. A finais dos séxulos XVII e XVIII tiveron lugar avances en química que diron lugar á nitrocelulosa, a nitroglicerina, a cordita e a dinamita, que foron a base para os propelentes sólidos posteriores. A nitrocelulosa foi empregada como propelente para pezas de artillaría xusto antes da primeira guerra mundial.
Considérase o traballo de Theodore von Karman en 1936 usando alcatrán xunto con perclorato de potasio como o punto de arranque dos propelentes sólidos compostos modernos. O seu traballo incluía o estudo e comprensión de como actúa o propelente, a súa combustión, ignición e a interacción entre propelente e contedor. Os propelentes sólidos compostos substituíron na súa época aos propelentes sólidos de dobre base, feitos con mesturas de nitrocelulosa e nitroglicerina.
Despois da segunda guerra mundial o desenvolvemento de propelentes sólidos enfocouse a mellorar o seu impulso específico, que da unha medida da súa eficiencia e que en xeral é peor que nos propelentes líquidos. A industria militar dos Estados Unidos estaba especialmente interesada no desenvolvemento deste tipo de propelente dadas as súas características, que as facían apropiadas para ter os seus mísiles listos para o lanzamento nun curto período de tempo.
A principios da década de 1950 a empresa Atlantic Research descubriu que o uso de ata un 15% de aluminio pulverizado na mestura de propelente facía aumentar o seu rendemento ata un 15%. Ao mesmo tempo comezou a comprenderse mellor a química dos propelentes sólidos e a interacción entre as substancias ligantes no propelente e o comburente e o oxidante. Desenvolvéronse substancias ligantes como parte do propelente, mellorando as súas características mecánicas e de resistencia ao desgaste, a humidade e á tempatura.
Pola época apareceron dúas grandes familias de propelentes compostos: os baseados en poliuretano (usados inicialmente pola empresa Aerojet) e os baseados en polibutadieno (favorecidos por Thiokol). Ao mesmo tempo os propelentes de dobre base recibiron un empurrón, superando en impulso específico aos compostos. Posteriormente desenvoluse o HTBD (Hydroxyl Terminated Butadiene, butadieno finalizado en hidroxilo), que comezou a ser usado con preferencia cara aos anos 1990.
O deseño da combustión
editarNa maior parte de foguetes de propelente sólido baseado en alcatrán a combustión prodúcese na parte posterior exposta á atmosfera, producindo un pulo constante. Noutra clase de arranxo do propelente prodúcese unha combustión ó longo do cilindro de propelente, tanto no diámetro externo como no interno, resultando tamén nun pulo constante. Outro caso son os propelentes adheridos ao casco interno do foguete: a combustión prodúcese ó longo dunha perforación cilíndrica a través do centro do propelente, o que causa un pulo inicial baixo ata un moi alto cara ao final da combustión. Dado que este perfil de pulo non é xeralmente o desexado a solución que se atopou para que este arranxo produca un pulo máis ou menos constante foi que a perforación teña sección de estrela, onde nas puntas se produce unha combustión rápida que se vai volvendo máis lenta cada o centro. Para necesidades concretas de aceleración e cambios de pulo modifícase a xeometría do propelente durante a súa fabricación acorde as especificacións. Tamén é posible engadir capas intermedias de propelente con diferentes características ou alterar o tamaño e forma lonxitudinalmente para conseguir os obxectivos buscados.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mark Wade (2011). "Solid" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2017.