Río Boyne
O río Boyne (en inglés: River Boyne; en irlandés: An Bhóinn ou Abhainn na Bóinne) é un río de Leinster, Irlanda, cun curso duns 112 km de lonxitude. Nace en Trinity Well, Newberry Hall, preto de Carbury, Condado de Kildare, e corre cara ao nordeste a través do condado de Meath até o Mar de Irlanda, desembocando entre Mornington e Baltray. No río abundan os salmóns e as troitas.
(ga) An Bhóinn | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Boann (pt) | |||
Inicio | ||||
División administrativa | Leinster, Irlanda | |||
Final | ||||
Localización | Mar de Irlanda | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 112 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.695 km² | |||
Pontes a destacar son a que a da autoestrada M1 e a da liña de ferrocarril Dublín-Belfast.
A pesar do seu curto percorrido, o Boyne ten connotacións históricas, arqueolóxicas e míticas importantes. A Batalla do Boyne, a maior batalla da historia irlandesa, tivo lugar polo Boyne preto de Drogheda en 1690 durante a Guerra Guillermita de Irlanda. Pasa cerca da antiga cidade de Trim, a Hill of Tara (a antiga capital do Gran Rei de Irlanda), Navan, Slane, Brú na Bóinne (sitio arqueolóxico), Mellifont Abbey, e a cidade medieval de Drogheda. Na val do Boyne tamén se poden atopar outros monumentos históricos, en Loughcrew e Kells, cruces celtas, castelos...
O río é coñecido deste tempos antiquísimos. O xeógrafo grego Tolomeo debuxou un mapa de Irlanda no século II que incluía o Boyne, que chamou Βουουινδα (Bououinda), que mil anos despois Giraldus Cambrensis chamaría Boandus. Na mitoloxía irlandesa dise que o río foi creado pola deusa Boann ('raíña' ou 'deusa'), segundo F. Dinneen, lexicógrafo da lingua gaélica irlandesa, sendo Boyne a forma anglicanizada do nome. Noutras lendas, foi neste río onde Fionn mac Cumhail capturou a Fiontán, o salmón da sabedoría. A sección sobre Meath do Boyne é tamén coñecida como "Smior Fionn Feidhlimthe"[1] (a 'medula de Fionn Feilim').
En 2006, foron encontrados restos dun barco viquingo no leito do río en Drogheda durante unhas operacións de dragado.[2]
Galería de imaxes
editar-
O río Boyne visto dende Brú na Bóinne.
-
Ponte sobre o río Boyne.
Notas
editar- ↑ Dineen: Foclóir Gaedhilge agus Béarla, 1927 ("Smior" - pg 1067, Ed.1996)
- ↑ "Viking ship found in Boyne to be excavated - Mark Rodden". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2009. Consultado o 29 de agosto de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Boyne |