[go: nahoru, domu]

Río Mandeo

curso fluvial galego

O Río Mandeo nace no Marco das Pías[1] na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.[2] A súa conca abrangue 456 km2.[3]

Modelo:Xeografía físicaRío Mandeo
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial700 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónO Marco das Pías Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía de Betanzos Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′54″N 8°12′33″O / 43.2816, -8.2091
Afluentes
Características
Dimensións56 (lonxitude) km
Medicións
Caudal23,88 m³/s Editar o valor en Wikidata

Afluentes

editar

O afluente principal do río Mandeo é o río Deo. Xúntanse entre os concellos de Curtis e Aranga, na Castellana. Os outros afluentes son: Portos, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil, Portabenza e Zarzo.

Conservación

editar

Parte da zona que percorre é un espazo natural protexido desde 2004 coñecido como zona especial de conservación Betanzos - Mandeo.[4]

editar

Respecto á orixe do nome do río Mandeo (ou Mandeu), conta a lenda que os mouros acamparon na beira do río para decidir cal camiño e cal táctica debían seguir. Dous caudillos discutiron defenderon posturas encontradas, sen chegar a un acordo, ata que un deles exclamou "Aquí mando eu", de onde lle vén o nome ó río.[5]

No río Mandeo celébrase en agosto a romaría dos Caneiros.

Galería de imaxes

editar
  1. Carmen Delia Díaz (26/05/2017). "Los mejores rincones del Mandeo". La Voz de Galicia. 
  2. Proxecto Mandeo (eds.). "Proxecto Mandeo". riomandeo.com. 
  3. masmar. "Río Mandeo y su afluente Deo:: Comarca de Betanzos. A CORUÑA". Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  4. "Betanzos - Mandeo". Medio Ambiente e Sostibilidade: Espazos Protexidos. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. 
  5. Rodríguez González, E. (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar