[go: nahoru, domu]

Racing 92

club de rugby francés
(Redirección desde «Racing Métro 92»)

O Racing 92 é un club francés de rugby con sede en Colombes (periferia de París) formado en 2001 como resultado da fusión dos históricos Racing Club de France (cinco títulos de liga) e US Métro. O nome orixinal do club era "Racing Métro 92", e foi reducido a "Racing 92" en 2015. O número "92" do nome fai referencia ó departamento de Altos do Sena no que está o estadio Ives-du-Manoir, que é o fogar do equipo. Ese departamento da rexión da Illa de Francia ten o número 92 na lista de departamentos de Francia. O recinto de xogo con capacidade para 14,000 seareiros foi construído en 1907 e foi a sede central dos Xogos Olímpicos de 1924. Está previsto que en 2017 se inaugure o novo estadio do club na localidade veciña de Nanterre, co nome Arena 92 e capacidade para acoller a 32,000 persoas.

Racing 92
NomeRacing 92
Alcume(s)Les ciel et blanc
Les rancingmen
Fundación1882 (Racing Club de France)
+
1928 (US Métro)
=
2001 (Racing Métro 92)
SedeColombes
Estadio(s)Estadio Ives-du-Manoir
Capacidade14.000 persoas espectadores
PresidenteSuíza Jacky Lorenzetti
AdestradorFrancia Laurent Travers
Francia Laurent Labit
CapitánFrancia Dimitri Szarzewski
Anotador-
Ensaios-
Liga(s)Top 14
2015/16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.racing-metro92.com
Twitter: racing92 Instagram: racing92 Youtube: UCw5s9WfP_dZDAZgRfy_p3xA Editar o valor en Wikidata

Na tempada 2015/16 o Racing 92 chegou por vez primeira á final da Copa de Europa, caendo ante os Saracens ingleses por 21 a 9. Na mesma tempada gañou por 26 a 21 a final da Liga francesa na que se enfrontaba ó RC Toulon. Ese encontro foi presenciado no Camp Nou por 99,124 persoas, pasando a ser o novo récord mundial de asistencia nun partido de clubs de rugby.

Traxectoria

editar
 
Debuxo que representa a primeira final da Liga Francesa de Rugby, entre o Stade Français e o Racing Club de France en 1892.

Fundado en 1882 como Racing Club de France, foi un dos primeiros protagonistas do campionato francés de rugby, sendo de feito o primeiro campión en 1892. Naquela final venceu por 4 a 3 ó Stade Français, e o árbitro foi Pierre de Coubertin.

O club volveu a saír campión nos anos 1900, 1902, 1959 e 1990; e quedou subcampión nos anos 1893, 1912, 1920, 1950, 1957 e 1987.

A actual entidade deportiva naceu da unión da sección de rugby do histórico Racing Club de France e a US Métro en 2001, co obxectivo de profesionalizar ó equipo. Na tempada 2008/09 o Racing Metro 92 ascendeu ó Top 14, onde compite na actualidade. Na tempada 2010-2011 tamén compite na Heineken Cup, a máxima competición continental.

Ten a súa sede no departamento Altos do Sena (o departamento nº92 do norte da zona metropolitana de París) de aí o 92 no nome do club. O club xoga os seus partidos como local no Stade Olympique de Colombes, o mesmo no que se disputaron os Xogos Olímpicos de 1924.

Palmarés

editar
 
Trofeo de campión de liga.
  • Copa de Europa de rugby: 0 títulos.
    • 1ª posición:
    • 2ª posición: 2015/16
  • Liga francesa de rugby: 6 títulos.
    • 1ª posición: 1891/92, 1899/00, 1901/02, 1958/59, 1989/90, 2015/16
    • 2ª posición: 1892/93, 1911/12, 1919/20, 1949/50, 1956/57, 1986/87
  • Outros títulos

Tempada actual

editar

Liga francesa

editar
 
Dan Carter, o mellor xogador do mundo en 2005, 2012 e 2015; apertura do Racing 92.
Francia  Top 14 — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
ASM Clermont 88 26 18 1 7 735 431 +304 10 4
RC Toulon 82 26 16 0 10 764 446 +318 11 7
Montpellier HR 81 26 18 0 8 723 569 +154 7 2
Racing 92 81 26 18 1 7 614 522 +92 5 2
Stade Toulousain 79 26 16 2 8 680 393 +287 7 4
Castres Olympique 71 26 15 0 11 650 496 +154 6 5
Union Bordeaux Bègles 67 26 14 2 10 552 503 +49 3 4
CA Brive 62 26 13 1 12 540 544 -4 4 4
Stade Rochelais 54 26 11 0 15 553 656 –103 4 6
10º FC Grenoble 47 26 10 0 16 605 779 -174 4 3
11º Section Paloise 46 26 10 1 15 420 675 -255 1 5
12º Stade Français 41 26 9 0 17 543 631 -88 2 3
13º SU Agen 26 26 5 0 21 531 846 -315 1 5
14º Oyonnax Rugby 24 26 5 0 21 429 847 -418 2 2
Eliminatorias
Cuartos de final Semifinais Final
 11 de xuño; Stade Ives-du-Manoir, Colombes    17 de xuño; Roazhon Park, Rennes      24 de xuño; Camp Nou, Barcelona
 [1º] ASM Clermont  33
 [4º] Racing 92  21
 [4º] Racing 92  34  
 [5º] Stade Toulousain  16  
 18 de xuño; Roazhon Park, Rennes  [4º] Racing 92  26
 12 de xuño; Altrad Stadium, Montpellier
   [2º] RC Toulon  21
 [3º] Montpellier HR  28
 [3º] Montpellier HR  18  
 [6º] Castres Olympique  9  
 [2º] RC Toulon  27  

Copa de Europa

editar
Unión Europea  Champions Cup (Grupo 3) — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Francia  Racing 92 22 6 4 1 1 174 70 +104 4 0
Inglaterra  Northampton Saints 19 6 4 1 1 94 93 +1 1 0
Escocia  Glasgow Warriors 14 6 3 0 3 114 96 +18 1 1
Gales  Scarlets 2 6 0 0 6 59 182 -123 0 2
Eliminatorias
Cuartos de final Semifinal Final
                   
9 de abril, Allianz Park        
 Inglaterra  Saracens  29
23 de abril, Madejski Stadium
 Inglaterra  Northampton  20  
 Inglaterra  Saracens  24
9 de abril, Ricoh Arena
   Inglaterra  Wasps  17  
 Inglaterra  Wasps  25
14 de maio, Parc OL, Lión
 Inglaterra  Exeter  24  
  Inglaterra  Saracens   21
10 de abril, Welford Road
    Francia  Racing 92   9
 Inglaterra  Leicester  41
24 de abril, City Ground
 Francia  Stade Français  13  
 Inglaterra  Leicester  16
10 de abril, Ives-du-Manoir
   Francia  Racing 92  19  
 Francia  Racing 92  19
 Francia  RC Toulon  16  


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar