Real Betis Balompié
O Real Betis Balompié é un equipo de fútbol profesional da cidade andaluza de Sevilla, en España. Actualmente milita na Primeira División. Os seus máximos galardóns son un título de Liga na tempada 1934-35 e dúas Copas do Rei. Foi o primeiro equipo andaluz que xogou en Primeira División, que gañou a Copa do Rei no seu actual formato e que gañou a Liga española, ademais de ser o primeiro en xogar na Liga de Campións da UEFA no actual formato.
Betis | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Betis Balompié | |||
Alcume(s) | Béticos Béticos del Universo Verdiblancos Verderones | |||
Fundación | 1907 (117 anos) | |||
Estadio | Benito Villamarín, Sevilla, España | |||
Inauguración | 1929 | |||
Capacidade | 56.432 | |||
Presidente | Ángel Haro | |||
Adestrador | Manuel Pellegrini | |||
Liga | Primeira División | |||
2019–20 | 15º | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Na rede | ||||
http://www.realbetisbalompie.es/ | ||||
| ||||
Está clasificado na 10ª posición na clasificación histórica da liga, con 47 tempadas na máxima categoría. Nos anos 1995, 1997 e 2005 logrou o 20º posto no Top 25 da clasificación de clubs do mundo da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo en número de afeccionados en España (3,3%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007, por detrás de Real Madrid (32,8%), Barcelona (25,7%), Valencia (5,3%), Athletic (5,1%) e Atlético de Madrid (4,3%).[1]
Disputa o derbi sevillano contra o Sevilla FC, club co cal mantén unha gran rivalidade histórica.
Historia
editarO club fundouse o 12 de setembro de 1907 como Sevilla Balompié. En 1909 creouse o Betis FC dunha escisión do Sevilla FC e ambos fusionáronse en 1914 adoptando o nome actual. Foi no mesmo ano cando recibiu o título de "Real" por parte do rei Afonso XIII. O nome de Betis é un derivado da palabra "Bética", nome romano de Andalucía. A causa das súas orixes, o Betis foi apoiado, en xeral, pola clase obreira. A data dat l'actual nom.
O Betis gañou a súa primeira e única liga ata o momento na tempada 1934-35. A partir dese ano o equipo foi en declive. A peor situación do equipo tivo lugar co descenso en 1974 á Terceira División, co paradoxo de que o seu filial ascendeu á Segunda División. 2 anos despois o primeiro equipo ascendeu, o que levou consigo o descenso do filial. En 1977 o Betis gañou a Copa do Rei, a primeira da democracia. Durante o verán de 1992 o club estivo a piques de desaparecer por unha forte crise, pero foi salvado polo seu vicepresidente Manuel Ruiz de Lopera, quen se converteu no seu propietario.
Na tempada 2004-05, o Betis conseguía terminar a Liga en cuarta posición, clasificándose por primeira vez na súa historia para xogar a rolda previa da Liga de Campións. Ademais, ese mesmo ano o club conseguiu a súa segunda Copa do Rei, gañando na final ao CA Osasuna. Na rolda previa da Liga de Campións conseguiu superar ao subcampión de 2004, o AS Mónaco, e disputou a fase de grupos. Quedou encuadrado nun grupo xunto a Chelsea FC, Liverpool FC e RSC Anderlecht. O Betis quedou eliminado pero coa súa terceira posición obtivo unha praza nos dezaseisavos de final da Copa da UEFA. O equipo sería eliminado en oitavos polo Steaua Bucarest. Ese mesmo ano, na liga, estivo a punto de descender a Segunda. Na tempada 2008-09, o club acababa en 18ª posición e descendía novamente a Segunda División.
Despois dunha tempada na que non puido ascender, en 2011 conseguiu, da man do técnico Pepe Mel o retorno a Primeira División.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta verdibranca, pantalón branco e medias verdes.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta rosa, pantalón verde escuro e medias rosas.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Benito Villamarín.
O Estadio Benito Villamarín ten capacidade para 55.500 persoas. Actualmente xa están terminadas as zonas de Fondo e Gol Norte. Está situado no barrio de Heliópolis, na Avenida da Palmera. As súas dimensións son 107 x 64 metros. Actualmente segue en construción. O Gol Sur será derribado para o seu remodelación no verán cando acabe a tempada co que o club terá que xogar a partir desa data no Estadio Olímpico de La Cartuja, o estadio terá unha capacidade de 64.000 espectadores.
Datos do club
editarXogadores
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Equipo actual
editar- Actualizado a 1 de febreiro de 2018.
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Liga de España (1): 1934–35
- Copa do Rei (3): 1976–77, 2004–05, 2021-22
- Segunda División (7): 1931–32, 1941–42, 1957–58, 1970–71, 1973–74, 2010–11, 2014–15
- Terceira División (1): 1953–54 (Grupo 6)
- Copa de Andalucía (1): 1928
- Subcampión da Copa do Rei: 1931, 1996–97
- Subcampión da Copa da Liga: 1986
- Subcampión da Supercopa de España: 2005
- Subcampión do Campionato Centro-Sur: 1932–33, 1933–34
- Subcampión da Copa de Andalucía: 1919–20, 1920–21, 1922–23, 1923–24, 1926–27, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1938–39
Filial
editar- Artigo principal: Betis Deportivo Balompié.
O filial do Betis é o Betis Deportivo, fundado en 1962 e que actualmente milita no grupo IV da Segunda División B Española.