Transformación de Galileo
As transformacións de Galileo utilízanse na comparación de fenómenos que ocorren en referenciais inerciais distintos, dentro da física newtoniana ou mecánica clásica. Así, coñecendo o estado de movemento nun determinado sistema de coordenadas, ao aplicárense as ecuacións das transformacións de Galileo, é posíbel expresar o estado dese movemento usando como referencia outro sistema inercial.
Máis precisamente as transformacións de Galileo permiten transformar as ecuacións da física dun referencial inercial a outro, de forma a manter as ecuacións invariantes. Isto é, a forma das ecuacións da física non pode depender do estado de movemento dun observador, unha vez que o movemento é relativo. Isto leva no entanto a contradicións cando se considera as ecuacións de Maxwell. A solución destas contradicións levaron a Albert Einstein a propor a Transformación de Lorentz coa transformación fundamental entre referenciais inerciais en movemento relativo.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |