[go: nahoru, domu]

Richard Stallman

activista polo software libre norteamericano e fundador do proxecto GNU

Richard Matthew Stallman, tamén coñecido polas súas iniciais RMS, nado o 1953 en Manhattan, é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel internacional, e a miúdo é alcumado o gurú do software libre.

Infotaula de personaRichard Stallman

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard Matthew Stallman Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Emacs maintainer (en) Traducir
valor descoñecido – valor descoñecido
Presidente Free Software Foundation
1985 – 2019
Chief GNUisance (en) Traducir Proxecto GNU
1984 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesrms
Saint IGNUcius Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBoston Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - grao en Artes
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en filosofía
Harvard School of Engineering and Applied Sciences (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSoftware libre Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprogramador , inventor , activista , enxeñeiro , blogueiro , participante em documentário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (–2019)
Free Software Foundation Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enSoftware libre Editar o valor en Wikidata
MovementoMovemento polo software de código aberto e Altermundismo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua castelá, lingua francesa e lingua indonesia Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de agosto de 2007The Free Software Movement (en) Traducir
Free software, free society (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Páxina webstallman.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1128476 Allmovie: an126437
Twitter: rmspostcomments BNE: XX1696203 Dialnet: 3931110 Last fm: Richard+Stallman Musicbrainz: ac8f8420-bec4-4e20-bcd2-bbeb9296b31e Songkick: 398834 Discogs: 399127 WikiTree: Stallman-105 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Stallman licenciouse en Física pola Universidade Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en intelixencia artificial.

En xaneiro de 1984 deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de Usenet a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en inglés) para a coordinación dos esforzos para a creación do sistema operativo libre GNU.

Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.

En setembro de 2019 dimitiu do Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory asociado ó MIT e como presidente da Free Software Foundation trala controversia xurdida da publicación dun fío correo electrónico no que facía varias declaracións sobre as acusacións de tráfico de menores a Jeffrey Epstein.[1][2]

  1. "Computer Scientist Richard Stallman Resigns From MIT Over Epstein Comments". Vice. Consultado o 18/09/2019. 
  2. "Richard M. Stallman resigns". Free Software Foundation. 16 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar