Avieno
Rufo Festo Avieno (en latín: Postumius Rufius Festus Avienus) foi un escritor, poeta, astrónomo e xeógrafo latino da segunda metade do século IV.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 305 Bolsena, Italia (pt) |
Morte | c. 375 (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, procónsul |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século IV ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Festo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Traxectoria
editarNaceu en Volsinii (Bolsena), Etruria,[1] procedía da familia dos Rufii Festi, fillo de Musonio (identificado como descendente de Musonio Rufo, filósofo estoico do século I), e foi procónsul[1] dúas veces da África Proconsular en 366 e 367 e probablemente tamén de Acaia. Segundo inscricións conservadas nos Museos Vaticanos casou cunha muller chamada Plácida e tivo varios fillos, un dos cales chamábase Plácido. Algúns historiadores quixeron atribuírlle a paternidade do historiador Rufo Festo, pero é discutida.
En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.
Obras
editar- Adaptación do poema astronómico Phaenomena do grego Arato de Solos.[2][3]
- Descriptio Orbis Terrae, en 1.394 versos hexámetros,[3] cun resumo dos puntos máis relevantes da xeografía física e política do mundo coñecido, tradución en verso da Periégesis de Dionisio. Avieno, ademais, incorporou datos xeográficos de Estrabón.[2]
- Ora maritima, do que se conserva un fragmento do primeiro capítulo[2] de 703 trímetros iámbicos que describe as costas dende a Bretaña ata Marsella.[3]
- Aratea Phaenomena e Aratea Prognostica, tradución en versos hexámetros distribuídos en 1.325 e 552 liñas, que é a mesma relación das obras de Arato de Solos, con descricións, lendas, supersticións e feitos.
- Tres pezas curtas dirixidas a un amigo chamado Flavianus Myrmecius.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Garzón Díaz, Julián (1986). En torno a Rufo Festo Avieno, Memorias de historia antigua (en castelán). ISSN 0210-2943.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Paniagua Aguilar, David (2006). El panorama literario tecnico-cientifico en Roma (en castelán). Universidad de Salamanca. ISBN 8478004629.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Suárez Piñeiro, Ana María. "Galicia, ¿En la Ora maritima de R.F.Avieno?". estudiosgallegos.revistas.csic.es. Consultado o 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Avieno, Rufo Festo (2001). Fenómenos. Descripción del orbe terrestre. Costas marinas. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2314-3.