Sevilla Atlético Club
O Sevilla Atlético Club é o equipo filial do Sevilla Fútbol Club. Foi fundado en 1958 e actualmente xoga na Segunda División B Española. No ano 2006 retomou a denominación orixinal de Sevilla Atlético, tras varios anos coa denominación de Sevilla Fútbol Club "B".
Sevilla Atlético | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sevilla Atlético Club | |||
Alcume(s) | Sevilla B, Franjirrojos | |||
Fundación | 1958 | |||
Estadio | Cidade Deportiva, Sevilla, España | |||
Inauguración | 1919 | |||
Capacidade | 2.500 | |||
Presidente | José María del Nido | |||
Adestrador | Ramón Tejada | |||
Liga | 2ªB – Grupo 4 | |||
2011–12 | 10º | |||
Na rede | ||||
http://www.sevillafc.es/ | ||||
| ||||
O obxectivo do Sevilla Atlético non é a consecución de logros deportivos, senón a de formar xogadores xoves que logo poidan xogar no primeiro equipo.
Escudo
editarO Sevilla Atlético retomou na tempada 2006–07 o escudo que posuía nas súas orixes, sendo o contorno igual ao do primeiro equipo, con forma de corazón, pero percorrido por un dos monumentos máis emblemáticos da cidade de Sevilla, a Giralda. De esquerda a dereita percórreo unha franxa vermella. Un balón de fútbol antigo e as siglas SAC, de Sevilla Atlético Club, entrelazadas completan o escudo.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca cunha banda vermella cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón negro, medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella cunha banda branca cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón vermello, medias vermellas.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro, medias brancas.
Dáse a circunstancia de que o Sevilla Atlético é o único equipo filial dun club español que posúe un uniforme distinto ao do primeiro equipo.
Estadio
editarO Sevilla Atlético disputa habitualmente os seus partidos oficiais na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, no campo principal que ten capacidade para 5.500 espectadores e que é coñecido como Viejo Nervión. Porén, en varias ocasións, o Sevilla Atlético tamén disputou os seus partidos no estadio Sánchez Pizjuán con capacidade para 45.500 espectadores.
Con motivo do ascenso de categoría a Segunda División no ano 2007, e debido á normativa vixente que regula aos equipos que militan en categoría profesional, o club puxo en marcha un proceso de remodelación da Cidade Deportiva, o que supuxo aumentar o aforamento a 5.500 espectadores (antigamente era de 2.500), así como melloras nos accesos e outras instalacións.[1]
Datos do club
editarXogadores 2009/10
editar
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División B de España (2): 2004-05, 2006-07
- Terceira División de España (9): 1960-61, 1961-62, 1980-81, 1982-83, 1983-84, 1985-86, 1986-87, 1991-92, 2000-01
- Subcampión da Segunda División B (2): 1988-89, 1998-99
- Subcampión de Terceira División (2): 1965-66, 1967-68
Notas
editar- ↑ "Remodelación da Cidade Deportiva". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 06 de xaneiro de 2010.