Telecoruña
Telecoruña foi unha emisora privada de televisión que emitiu entre os anos 1994 e 2017 na Coruña e na súa área metropolitana.
Telecoruña | |
---|---|
Sede de Telecoruña en Pocomaco. | |
Inicio das emisións | 1994 |
Fin das emisións | 2017 |
País | Galiza |
Área de emisión | A Coruña e comarca |
Sede central | Polígono de Pocomaco, A Coruña |
Historia
editarA cadea Telecoruña era propiedade da sociedade Telecoruña Canal 41 S.A. A empresa propietaria foi fundada no 1994 baixo a xerencia de José Manuel Brandariz Suárez[1].
No ano 2006 a Xunta de Galicia resolveu unha concesión de licenzas para emitir en dixital que resultou polémica. Nela denegábaselles a licenza a Telecoruña, Ferrol Television, Código TV e Televigo, que a tiñan solicitado[2]. A actividade da emisora rematou no ano 2008 ante a imposibilidade de seguir emitindo en analóxico.
Traxectoria
editarTelecoruña estaba orientada á difusión de noticias de ámbito local e de programas relacionados coas actividades socio-culturais comarcais. Telecoruña pertenceu á Asociación Galega de Televisións Locais (Asgatel) e á Red de Televisiones Locales (UNE). Estivo afiliada á cadea Telemundo, que producía unha gran parte da súa programación.
A súa área de recepción limitábase á provincia da Coruña, especialmente nos concellos da Coruña, Ferrol, Arteixo, Carballo, Culleredo e Santiago de Compostela. Posteriormente foi posible a súa recepción a través do operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.
Notas
editar- ↑ Rexistro mercantil da Coruña
- ↑ Diario Oficial de Galicia. Resolución do 31 de xullo de 2006 pola que se lle dá publicidade á adxudicación provisional das concesións do servizo público de televisión dixital, de cobertura local, segundo demarcacións, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgadas polo Consello da Xunta de Galicia.