[go: nahoru, domu]

Vacina vírica tripla

A vacina tripla vírica ou vacina vírica tripla (SPR), ou vacina MMR polas siglas en inglés,[1] é unha mestura de tres compoñentes virais atenuados (virus modificados para que non causen a doenza en persoas sans, pero suficientemente fortes para estimular unha resposta inmune), administrado por unha inxección para a inmunización contra o xarampón, a parotidite (paperas) e a rubéola.

Vacina vírica tripla
Descrición de vacina
Enfermidade obxectivoPrevención do sarampo, das paperas e da rubéola
Tipo?
Datos clínicos
Nome comercialvacina tripla vírica, vacina vírica tripla (SPR), ou MMR
Rutas de
administración
Intramuscular
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Administración

editar

Polo xeral, adminístraselle a cativos de aproximadamente 1 ano de idade, cun reforzo antes de comezar a idade preescolar, entre os 4 e 5 anos de idade.[2][3][4] Ese calendario pode variar dun país a outro; o CDC recomenda:

  • Administrar a primeira dose entre os 12 e 15 meses de idade.
  • A segunda dose administrase entre os 4 e 6 anos de idade (antes de comezar a educación primaria).

Administración a pacientes oncolóxicos

editar

En pacientes que foron sometidos a tratamentos de quimioterapia, que afectan significativamente o sistema inmunitario podendo diminuír a memoria inmunolóxica, pode ser preciso reconsiderar a administración de certas vacinas. Non obstante, non todos os pacientes que reciben quimioterapia necesitarán automaticamente unha nova dose da vacina tripla vírica. A decisión de revacinar a un paciente debe ser tomada polo médico tratante, que valorará o estado xeral do paciente e outros factores individuais para determinar a necesidade da súa administración. É crucial monitorizar a resposta inmunolóxica de cada paciente e adaptar o plan de vacinación ás súas necesidades específicas. A individualización do tratamento maximiza os beneficios e minimiza os riscos para o paciente.[5]

Historia

editar
 
Preparación de vacinas en Tirana, Albania. Dous técnicos, vestidos con bata cirúrxica, están facendo pequenas aberturas nos ovos.[6]

A tripla vírica é unha vacina usada de modo rutineiro en moitos países ao redor do mundo.

Des que se introduciu nas súas versións iniciais dos anos 1970, máis de 500 millóns de doses foron administradas en máis de 60 Estados nación.

Diversos estudos demostraron que a vacina é moi efectiva para previr as tres doenzas. A protección contra o xarampón, a parotidite e a rubéola despois da inmunización completa está cerca do 97%. Ademais, os efectos secundarios son xeralmente leves e temporais.[2]

Os efectos de longa duración e a eficacia da vacina continúan sendo estudados.

Controversia sobre o autismo

editar
Artigo principal: Andrew Wakefield.

A vacina tripla vírica foi falsamente asociada ao autismo debido a un estudo publicado en 1998 na revista médica The Lancet polo doutor Wakefield. Este estudo suxería unha relación entre a vacina e o desenvolvemento de autismo e problemas intestinais en nenos. O estudo foi desacreditado por diversas razóns:

  • Descubriuse que Wakefield tiña intereses financeiros relacionados coas súas afirmacións.
  • A súa mostra era moi pequena e non controlada, e os datos foron manipulados.
  • Outros científicos tentaron replicar os resultados de Wakefield e non atopar on relación entre a vacina e o autismo.

En 2010, The Lancet retirou o artigo de Wakefield, e el foi despois inhabilitado polo Consello Médico Xeral do Reino Unido, impedindo que practicase a medicina nese Estado. Desde entón, numerosos estudos realizados en diferentes países confirmaron que non hai relación entre a vacina e o autismo. As autoridades de saúde pública e organizacións médicas de todo o mundo, incluída a Organización Mundial da Saúde e o Centro para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC), reafirmaron a seguridade da vacina e subliñaron que non está asociada co autismo.

Con todo, o dano causado polo estudo de Wakefield foi significativo. A falsa asociación entre a vacina e o autismo levou a un descenso nas taxas de vacinación nalgúns países, provocando brotes de doenzas como o xarampón.[7]

  1. "vacina vírica tripla". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-09-11. 
  2. 2,0 2,1 "Measles, Mumps, and Rubella (MMR) Vaccination". www.cdc.gov (en inglés). 2023-05-22. Consultado o 2023-09-11. 
  3. "Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social - Profesionais - Saúde pública - Prevención e Promoción - Vacunaciones - Calendario de vacunación a lo largo de toda la vida 2023". www.sanidad.gob.es (en castelán). Consultado o 2023-09-11. [Ligazón morta]
  4. "Measles". www.ecdc.europa.eu (en inglés). 2017-06-02. Consultado o 2023-09-11. 
  5. "National Comprehensive Cancer Network - Home". NCCN (en inglés). Consultado o 2023-09-11. 
  6. "Digital Collections - National Library of Medicine". collections.nlm.nih.gov. Consultado o 2023-09-11. 
  7. "Debunking fake news about vaccines" (PDF). CAC.Cat (en inglés e catalán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

----

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.