[go: nahoru, domu]

Xisulfo II de Salerno

Xisulfo II, finado no 1090 ou 1091, foi o derradeiro príncipe longobardo de Salerno desde o 1052 ata 1078.

Modelo:BiografíaXisulfo II de Salerno
Biografía
Nacemento1030 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Geographical region of Italy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1090 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Sarno, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrince of Salerno (en) Traducir (1052–1078) Editar o valor en Wikidata
PaisGuaimaro IV de Salerno Editar o valor en Wikidata  e Gemma of Capua Editar o valor en Wikidata
IrmánsGaitelgrima de Salerno
Sikelgaita Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo e sucesor de Guaimaro IV e Gemma, filla de Laidulfo de Capua, nas crónicas de Amato de Montecassino (Ystoire de li Normant) vén descrito como un criminal e un delincuente.

O historiador John Julius Norwich [1] conta o episodio "dunha desafortunada vítima [un amalfitano] que Xisulfo tiña prisioneiro nunha xélida cela, ao que primeiro lle tirou o ollo dereito, despois cada día un dedo da man e unha deda do pé. Amato engade que a emperatriz Agnes – que estaban o sur de Italia – ofreceu persoalmente centos de moedas de ouro e un seu dedo como rescate, pero as súas súplicas ficaron inatendidas".

Xisulfo, aínda moi novo, foi nomeado correxente polo pai (1042). Dez anos despois, Guaimaro morreu asasinado no porto de Salerno por catro irmáns, fillos de Pandulfo V de Capua e cuñados da vítima, que foran esporeados ao delito polos seus apoios amalfitanos dos bizantinos. O xove Xisulfo estivo prisioneiro dos asasinos do seu pai, pero logo o tío Guido, duque de Sorrento, cercou a cidade coa axuda dos normandos. Feitas prisioneiras as familias dos conxurados, Guido trocou a liberación destes coa de Xisulfo, que lle foi devolto ao seu tío. A cidade rendeuse e Xisulfo foi recoñecido como lexítimo príncipe por Guido e polos normandos.

O difícil comezo do seu reinado foi só un anticipo do carácter do soberano: Xisulfo non abandonou xa o rancor contra os amalfitanos, que deran inicio á conxura contra o seu pai. Ademais, por razóns descoñecidas, Xisulfo tamén odiaba os normandos, considerados por el uns bárbaros. Todo o seu reinado estivo cheo do constante oposición a eles.

A súa inimizade contra os normandos ben logo lle fixo pagar un elevado prezo: Robert Guiscard partiu do seu castelo calabrés de San Marco e conquistou a cidade de Cosenza e outros territorios veciños, todos pertencentes ao principado salernitano. Xisulfo desencadeou rápido tamén a ira do conde Ricardo I de Aversa, e deu salvado o trono só grazas á alianza cos odiados amalfitanos.

Porén, as correrías de Guilllerme d'Altavilla, irmán de Guiscard, obrigárono a dar como esposa a este último a súa irmá Sichelgaita, obtendo a cambio protección. Despois mandou outra irmá, Gaitelgrima, como esposa a Xordano, fillo de Ricardo, que asumira había pouco a dignidade de príncipe de Capua.

No 1071, Xisulfo e Ricardo tiráronlle o apoio á rebelión de Abelardo e Ermanno d'Altavilla, sobriños de Roberto Guiscard, que xunto con numerosos outros príncipes menores estaban a sublevárense contra a autoridade de Guiscard no ducado de Puglia.

A insurrección proseguiu, con todo, medrando ulteriormente a irritación do poderoso cuñado de Xisulfo.

Os últimos anos do reinado de Xisulfo II estiveron marcados polo incremento de actos de pirataría perpetrados pola súa frota, sobre todo para desgraza de Amalfi e Pisa. Mesmo os mercadores pisanos, chamados ao servizo do papa Gregorio VII de parte da condesa Matilde de Toscana, tiveron un tal enfrontamento con Xisulfo que este último foi mandado a Roma polo papa e o exército – reunido para marchar contra o dominio de Guiscard - dispersouse. Tras ter perdido a alianza do pontífice, Xisulfo estaba xa totalmente illado e isto expoñía o principado de Salerno a graves riscos de supervivencia. En maio do 1076, de feito, as tropas de Ricardo de Capua e Robert Guiscard, apoiadas tamén por amalfitanos e longobardos renegados, cercaron a cidade. Aos seus súbditos Xisulfo ordenáralles sabiamente que tivesen en reserva víveres suficientes para dous anos. En realidade, el confiscoulles boa parte, xunto cos tesouros das igrexas, para poder manter o seu estilo de vida cheo de comodidades e luxo, condenando á súa cidade a morrer de fame.

O 13 de decembro Salerno rendeuse e o príncipe, xunto cos eu séquito, retirouse n apropia fortaleza, onde resistiu o asedio ata maio do 1077, cando o castelo caeu por falta de víveres. Para o principado longobardo de Salerno era o fin: todas as terras foron ocupadas polos normandos, as reliquias foron roubadas. Xisulfo refuxiouse en Capua, onde intento usen éxito ningún empurrar a Ricardo á guerra contra Robert. O príncipe destronado buscou entón amparo en Roma, onde comunicou ao pontífice a ruína de Salerno. Neste momento as crónicas oficiais perden de vista a súa sorte, recordando só que entre o 1088 e o 1089 lle foi atribuído o título de duque de Amalfi. Sobre o seu fin, porén, atopáronse algunhas informacións no século XX grazas aos documentos conservados na abadía de Cava de' Tirreni: por estes, descóbrese que a irmá Gaitelgrima, que ficara viúva do príncipe Xordano de Capua, casara con Alfredo, conde de Sarno, permanecendo neste castelo. Morto tamén Alfredo, Gaitelgrima, condesa de Sarno, acolleu na súa fortaleza o irmán exiliado, ofrecéndolle coidado e protección. Xisulfo II, derradeiro príncipe longobardo de Salerno, morreu en Sarno entre o 1090 e o 1091 e foi sepultado no castelo de Gaitelgrima.

  1. The Normans in the South páx. 201

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • John Julius Norwich, I normanni nel Sud 1016-1130. Mursia: Milán 1971 (ed. orig. The Normans in the South 1016-1130. Longmans: Londres, 1967).
  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani. Roma, 2003.
  • Silvio Ruocco, Storia di Sarno e dintorni – Volume Primo. Ed. Buonaiuto. Sarno, 1999

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar