[go: nahoru, domu]

Bacteria grampositiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 26:
Desde 1987 e cos traballos precursores sobre filoxenia de [[Carl Woese]] e outros sobre a secuencia dos [[ARNr 16S]], a [[monofilia]] das bacterias grampositivas foi posta en dúbida,<ref name="woese87">Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888. [http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=373105].</ref> o que tivo produtivas implicaciòns para a terapéutica e o estudo xeral deses organismos. Baseándose na comparación das secuencias dos ARNr 16S, Woese recoñeceu 12 [[filos bacterianos]], e dous deles eran grampositivos: as bacterias grampositivas de alto GC, e as de baixo GC (onde GC se refire ao contido en [[guanina]] e [[citosina]] dos seus [[xenoma]]s),<ref name="woese87"/> que agora se chaman [[Actinobacteria]] e [[Firmicutes]], respectivamente. As [[Actinobacteria]] conteñen xéneros como ''[[Corynebacterium]]'', ''[[Mycobacterium]]'', ''[[Nocardia]]'' e ''[[Streptomyces]]''. Os [[Firmicutes]] (que non é que teñan un [[contido GC]] moi baixo, pois é do 45%–60% GC, pero si máis baixo ca as Actinobacteria),<ref name=Brock/> conteñen xéneros nos que están a maioría das bacterias grampositivas de interese médico, como: ''[[Staphylococcus]]'', ''[[Streptococcus]]'', ''[[Enterococcus]]'', ''[[Bacillus]]'', ''[[Clostridium]]'' e ''[[Listeria]]''. Este grupo foi ampliado ao incluír os ''[[Mycoplasma]]'', ou Mollicutes, que carecen de parede celular e non poden tinguirse coa tinguidura de Gram, pero que parece que evolucionaron a partir dese grupo.
 
Malia a grande aceptación e probas da utilidade práctica da nova [[filoxenia molecular]], un pequeno grupo de investigadores, incluíndo a [[Cavalier-Smith]], aínda trata ás Monera como un [[clado]] [[monofilético]] e refírese ao grupo das grampositivas como división "Posibacteria".<ref name="pmid">{{Cita publicación periódica |author=Cavalier-Smith T |title=Rooting the tree of life by transition analyses |journal=Biol. Direct |volume=1 |issue= |pages=19 |year=2006 |pmid= 16834776 |pmc=1586193 |doi=10.1186/1745-6150-1-19 |url=http://www.biology-direct.com/content/1//19 |apelidos= |data-acceso=06 de xullo de 2012 |data-arquivo=18 de decembro de 2019 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20191218025429/http://www.biology-direct.com/content/1//19 |url-morta=yes }}</ref>
 
Cómpre enfatizar que a descrición das bacterias como grampositivas ou [[Bacteria gramnegativa|gramnegativas]] é ambiguo, xa que se pode referir a tres aspectos distintos: resultado da tinguidura, organización da [[envoltura celular bacteriana|envoltura celular]] e grupo taxonómico, os cales non necesariamente van xuntos para unha especie determinada.<ref name="Desvaux et al., 2009">, Desvaux M, Hébraud M, Talon R, Henderson IR. 2009. Secretion and subcellular localizations of bacterial proteins: a semantic awareness issue. Trends Microbiol. 17:139-145.</ref> Cando nos referimos ao tipo de envoltura celular dunha bacteria, utilízanse os termos bacteria '''monoderma''' e '''diderma''', que son moito máis apropiados.<ref name="Desvaux et al., 2009" /> As didermas podémolas diferenciar polo menos en didermas–LPS e didermas–micolato.<ref name="Sutcliffe, 2010">, Sutcliffe IC. 2010. A phylum level perspective on bacterial cell envelope architecture. Trends Microbiol. 18:464-470.</ref>