carolo
Aparencia
- Etimoloxía: do latín caryolu, á súa vez do grego antigo κάρυον (noz).
- Pronuncia: [kaˈɾɔlo̝] [kaˈɾolo̝] (AFI)
carolo (sg: carolo; pl: carolos)
- Parte central das froitas sen carabuña.
- Trozo de pan con codia, especialmente da zona superior ou dunha beira.
- Parte central da espiga de millo, onde están insertados os grans.
- Mazaroca de millo pequena ou con escasos grans.
- Avultamento producido na cabeza debido a un golpe.
- Parte externa branda que recobre certos froitos, como a da noz.
- Noz verde.
- Terrón duro que se levanta ao arar ou sachar.
- Brote do repolo.
- Termos relacionados: xeno.
- Trozo de pan de trigo que agasallan os noivos cando casan.
- (Ornitoloxía) Arao romeiro (Alca torda).
- (Coloquial) Cero nun exame.
Termos relacionados
Traducións
carolo