[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

feixoa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «feixoa».
[1]
[2]
  • Etimoloxía: do antigo nome do xénero, nomeado na honra do botánico brasileiro João da Silva Feijó, polo botánico alemán Otto Karl Berg.
  • Pronuncia: [fejˈʃo.ɐ] (estándar) (AFI)

Substantivo feminino

feixoa (sg: feixoa; pl: feixoas)

  1. (Botánica) Especie botánica arbustiva, ramificada, da familia das mirtáceas, que pode alcanzar os 4 m de altura. É orixinario das terras altas do sur do Brasil, o leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e máis de Colombia. De nome científico Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana.
  2. (Botánica) (Alimentación) Froito desta planta que se consome, que posúe unha polpa zumarenta, doce e chea de sementiñas cunha carne máis areenta na parte achegada á pela. O gusto é aromático, forte e complexo, moi semellante ao da goiaba, a framboesa, o ananás...

Traducións