foro
Aparencia
- Pronuncia: /'fo.ɾo̯/ (AFI)
foro
(sg: foro; pl: foros)
- (Historia) Na antiga Roma, praza principal dunha cidade ou vila onde se trataban os negocios públicos e na que se celebraban os xuízos.
- Por extensión, lugar onde os tribunais oen e xulgan as causas.
- Todo o relativo ao exercicio da avogacía e á actividade dos tribunais.
- Tipo de contrato, propio de Galicia, polo que unha persoa ou institución cede a outra o uso ou proveito dunha leira, un bosque ou un monte, a cambio do cumprimento de diversas condicións acordadas.
- (Historia) Privilexio ou exención que se lle daba a un territorio, unha provincia, vila, concello, familia ou persoa.
- (Historia) Na Idade Media, lei ou códigos que o rei lle daba a un concello.
- (Arte) No teatro, parte do escenario que está ao fondo e pola que adoitan acceder os intérpretes.
- Reunión de expertos nunha ciencia, arte ou profesión tratar dun asunto diante dun auditorio.