[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

intervalo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: /in.teɾ.'βa.lo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

intervalo
(sg: intervalo; pl: intervalos)

  1. Espazo ou distancia que hai dun tempo a outro ou dun lugar a outro.
    • Exemplo: As bombas caeron en intervalos duns cinco minutos.

  2. Conxunto dos valores que toma unha magnitude entre dous límites dados
    • Exemplo: Intervalo de temperaturas.

  3. (Matemáticas) Conxunto de números reais comprendidos entre dous números reais a e b, chamados extremos.
  4. (Matemáticas) Conxunto de números máis grandes ou máis pequenos ca un número real dado.
  5. (Música) Distancia que separa dous sons na escala musical.
    • Exemplo: Intervalo de cuarta.

Sinónimos

distancia, lapso