[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Manuel Díaz Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de novembro de 2015 ás 13:44 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Engado {{Control de autoridades}})

Manuel Díaz Martínez, nado na Habana o 8 de abril de 1874 e finado en Rochester o 20 de febreiro de 1929, foi un tirador de esgrima cubano, especialista nas modalidades de sabre e florete. Foi dobre campión olímpico nos Xogos Olímpicos de 1904.

Traxectoria

Díaz Martínez conta coa particularidade de ser medalla de ouro baixo dúas bandeiras diferentes nos mesmos Xogos Olímpicos, gañou a competición de sabre individual coa bandeira do seu país, Cuba, e a competición de florete por equipos coa a bandeira dun equipo internacional que agrupaba tiradores cubanos e americanos.