[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Oriólidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oriólidos

Oriolus chinensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Oriolidae
Vigors, 1825
Xéneros

Ver texto

Os oriólidos[1] (Oriolidae) son unha familia de aves paseriformes de rechamantes cores que viven no Vello Mundo, chamados comunmente ouriolos. En Galicia vive a especie Oriolus oriolus, o ouriolo común ou vichelocrego.

Taxonomía e sistemática

[editar | editar a fonte]

A familia Oriolidae comprende os Sphecotheres, os pitohuis e os ouriolos do Vello Mundo.[2] Os extintos Turnagra foron engadidos en 2011, e antes estiveran clasificados na familia Turnagridae.[3][4] Propuxéronse outros xéneros para dividir o xénero Oriolus. Por exemplo, as especies africanas de cabeza negra son ás veces situadas nun xénero separado, Baruffius. A familia Oriolidae non está relacionada con outras aves parecidas aos ouriolos que viven no Novo Mundo, clasificadas na familia Icteridae, malia o seu similar tamaño, dieta, comportamento e rechamante plumaxe, pero todas estas semellanzas son resultado dunha converxencia evolutiva.

Xéneros existentes

[editar | editar a fonte]

Na familia Oriolidae existen tres xéneros:[5]

Xéneros extintos

[editar | editar a fonte]

Hai polo menos dous xéneros extintos na familia Oriolidae:

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os ouriolos e Sphecotheres son paseriformes de medio tamaño, de arredor de 20–30 cm de lonitude, e as femias son algo máis pequenas que os machos.[6] O peteiro é lixeiramente curvado e ganchudo, e, excepto nos Sphecotheres, tan longo coma a cabeza. A plumaxe da maioría das especies é rechamante, aínda que as femias a miúdo teñen unha plumaxe máis apagada que a dos machos. A plumaxe de moitos ouriolos de Australasia imita a dos Philemon comedores de mel, probablemente para reducir a agresión contra os ouriolos máis pequenos.[7]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A familia distribúese por África, Europa, Asia e Australia. As poucas especies de climas de baixa temperatura son migratorias e algunhas especies tropicais tamén mostran movementos estacionais.

Comportamento e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Os ouriolos son monógamos, reproducíndose en parellas territoriais (aínda que o Sphecotheres vieilloti, e posiblemente os outros Sphecotheres, reprodúcense en colonias pouco densas).[6] Os sitios de nidificación poden situarse preto de especies agresivas, como drongos, lánidos ou Philemon, que lles dan un certo grao de protección. O niño é unha copa fonda tecida como unha hamaca que colga dunha rama. Xeralmente poñen dous ou tres ovos, pero rexistráronse casos de seis.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Os ouriolos son arbóreos e adoitan alimentarse nas copas das árbores.[6] Moitas especies poden sobrevivir en bosques abertos, aínda que unhas poucas están restrinxidas a bosques pechados. Son omnívoros oportunistas, e os principais compoñentes da súa dieta son froitas, bagas, artrópodos e néctar.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oriólidos.
  2. "Orioles, drongos & fantails « IOC World Bird List". www.worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 2017-02-18. 
  3. Johansson, Ulf; Eric Pasquet; Martin Irestedt (2011). "The New Zealand Thrush: An Extinct Oriole". PLOS ONE 6 (9): e24317. PMC 3170299. PMID 21931679. doi:10.1371/journal.pone.0024317. 
  4. Zuccon, D. & Ericson, P. G. (2012). "Molecular and morphological evidences place the extinct New Zealand endemic Turnagra capensis in the Oriolidae". Molecular Phylogenetics and Evolution 62 (1): 414–26. PMID 22056604. doi:10.1016/j.ympev.2011.10.013. 
  5. 5,0 5,1 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2017). "Orioles, drongos & fantails". World Bird List Version 7.3. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 November 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Walther, B; Jones, P (2008). "Family Oriolidae (Orioles and Figbirds)]". En Josep, del Hoyo; Andrew, Elliott; David, Christie. Handbook of the Birds of the World. Volume 13, Penduline-tits to Shrikes. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 692–713. ISBN 978-84-96553-45-3. 
  7. Diamond J (1982). "Mimicry of friarbirds by orioles" (PDF). The Auk 99 (2): 187–196. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jønsson, K.A.; Bowie, R.C.K.; Moyle, R.G.; Irestedt, M.; Christidis, L.; Norman, J.A.; Fjeldså, J. (2010). "Phylogeny and biogeography of Oriolidae (Aves: Passeriformes)". Ecography 33 (2): 232–241. doi:10.1111/j.1600-0587.2010.06167.x. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]