Aviron Bayonnais
Nome | Aviron Bayonnais Rugby Pro | ||
---|---|---|---|
Unión | Fédération Française de Rugby | ||
Fundación | 1904; hai 120 anos | ||
Sede | Baiona, Francia | ||
Estadio(s) | Stade Jean-Dauger | ||
Capacidade | 16.934 espectadores | ||
Presidente | Philippe Tayeb | ||
Adestrador | Yannick Bru | ||
Capitán | Antoine Battut | ||
Liga(s) | Top 14 | ||
2018−19 | 3º (Pro D2, ascenso no play-off) | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.abrugby.fr/ | |||
O Aviron Bayonnais (en éuscaro: Baionako Arrauna) é un equipo profesional de rugby francés con sede na localidade de Baiona (Pireneos Atlánticos, Nova Aquitania). Actualmente compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés. O equipo, fundado en 1904, xoga os seus xogos como local no Stade Jean-Dauger, recinto con capacidade para 16.934 espectadores. Entre o palmarés do Aviron Bayonnais destacan os tres títulos de liga conseguidos en 1913, 1934 e 1943. A súa mascota é unha pottoka, tipo de poni que habita a Cordilleira Cantábrica e os Pireneos. O equipo mantén unha forte rivalidade cos seus veciños do Biarritz Olympique, sendo esta unha das máis antigas de Francia.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1904, xogando a súa primeira final en 1913, perdendo fronte ao S.C.U.F. por 31 a 8 no Stade Yves-du-Manoir. A liga nacional foi remplazada pola Coupe de l'Espérance durante a primeira guerra mundial. A competición foi xogada durante catro tempadas, nas que o Aviron Bayonnais chegou á última final, perdendo por 4 a 3.
Cando a competición francesa volveu ser xogada, o club chegou ata a final en 1922, na que se atopou co Stade Toulousain. O Aviron Bayonnais perdeu a final por 6-0. Os dous clubs encontraríanse novamente na final a seguinte tempada, na que Toulouse gañou novamente, desta vez por 3-0.
O Aviron Bayonnais acadou os seus maiores éxitos a mediados dos anos '30, gañando a Biarritz 13-8 en Tolosa para gañar o seu segundo campionato, e primeiro dende 1913. Tamén gañaron o Challenge Yves du Manoir en 1936, derrotando ao USA Perpignan na final. O club tivo uns resultados similares a mediados dos '40, chegando a dúas finais, gañando ao SU Agen en 1943 no Parc des Princes en París e perdendo en 1944 fronte ao Perpignan.
Dende os anos '40, o club non acadou máis éxitos ata os anos '80, cando chegaron novamente á final do campionato francés. En 1980 gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao AS Béziers 16 a 10 para gañar o seu segundo título nesta competición. No campionato francés acadaron a súa última final en 1982, caendo derrotados polo SU Agen 18 a 9.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Top 14:
- Challenge Yves du Manoir:
- Coupe de l'Espérance:
- Campión: 1919
- Coupe André Moga:
- Campión: 1995
Resultados das finais
[editar | editar a fonte]French championship
[editar | editar a fonte]Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
20 de abril de 1913 | Aviron Bayonnais | S.C.U.F. | 31-8 | Stade Yves-du-Manoir, Colombes | 20.000 |
23 de abril de 1922 | Stade Toulousain | Aviron Bayonnais | 6-0 | Route du Médoc, Le Bouscat | 20.000 |
13 de maio de 1923 | Stade Toulousain | Aviron Bayonnais | 3-0 | Stade Yves-du-Manoir, Colombes | 15.000 |
13 de maio de 1934 | Aviron Bayonnais | Biarritz Olympique | 13-8 | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa | 18.000 |
21 de marzo de 1943 | Aviron Bayonnais | SU Agen | 3-0 | Parc des Princes, París | 28.000 |
26 de marzo de 1944 | USA Perpignan | Aviron Bayonnais | 20-5 | Parc des Princes, París | 35.000 |
29 de maio de 1982 | SU Agen | Aviron Bayonnais | 18-9 | Parc des Princes, París | 41.165 |
Challenge Yves du Manoir
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Resultado | Finalista |
1936 | Aviron Bayonnais | 9-3 | USA Perpignan |
1980 | Aviron Bayonnais | 16-10 | AS Béziers |
Coupe de l'Espérance
[editar | editar a fonte]Data | Campión | Resultado | Finalista |
1919 | Stadoceste Tarbais | 4-3 | Aviron Bayonnais |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Un siècle de rugby à Bayonne, de Manuel Castiella, éd. Atlantica, 2001
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Site oficial (en francés)