[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Acadia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de abril de 2014 ás 21:56 por Lameiro (conversa | contribucións) (recat)
Bandeira do pobo acadiano.

Acadia é o nome que deron os exploradores franceses a un territorio que abranguía dende o estado americano de Pensilvania ata as illas da actual provincia canadense de Terra Nova e Labrador, actualmente dáselle ese nome ás actuais provincias canadenses de Nova Escocia, Nova Brunswick e Illa do Príncipe Eduardo. Os primeiros colonos franceses, a partir de comezos do século XVII, a se instalaren na rexión serían despois coñecidos como acadianos. Os acadianos non entraron no conflito entre Francia e Inglaterra - en vez diso, isolaronse en pequenas comunidades, mantendo amigables contactos co pobo Micmac - feito que influenciou pesadamente os costumes dos acadianos.

En 1755, os ingleses conquistaron os territorios franceses no Atlántico, pondo fin ao control francés na rexión. Os acadianos foron acusados polos ingleses de desleadade e guerrilla, e ordenouse a expulsión do territorio, uns 3.500 foron deportados para Francia, 850 para Inglaterra, 3.700 para as colonias inglesas do sur, outros para a Luisiana, onde deron orixe os cajun e aínda outros para Canadá. O seu territorio ocupáronno colonos ingleses. Uns poucos permaneceron refuxiados nos bosques de Acadia e en 1766 permitiuse a volta dos acadianos á Acadia. Unha alta natalidade permitiu que se restaurase unha poboación rural acadiana que en 1830 chegou aos 30.000 acadianos, e en 2001 había 276.355 acadianos, deles 236.665 en Nova Brunswick.

Actualmente, a cultura acadiana posúe claras diferenzas coa cultura quebequenses, o francés acadiano; un dialecto (que é substancialmente diferente do francés) aínda sobrevive, tendo unha forte presenza na provincia canadense de Nova Brunswick (única provincia canadense en que ambos inglés e francés son linguas oficiais) e na Nova Escocia.