Alpha Orionis
Alpha Orionis (α Orionis / α Ori) ou máis coñecida coma Betelgeuse, é unha gran estrela vermella na constelación de Orión. É a décima estrela máis brillante no ceo, unha superxigante vermella. A cor característico desta estrela provén das baixas temperaturas do seu exterior (uns 3.000 K) e amosa que a estrela esgotou xa a maior parte do combustible nuclear que lle proporciona a súa enerxía (fusión do hidróxeno), polo que se atopa ao final da súa vida. As súas variacións de luminosidade indican tamén que se atopa alonxada da secuencia principal.
Betelgeuse e unha estrela xigante, razón pola que o seu brillo é tan elevado a pesares de atoparse a unha temperatura relativamente baixa. Non obstante, e malia ser a estrela α de Orión, non é a máis brillante, sendo Rigel, coñecida como β Orionis a estrela máis brillante da constelación.
Características
Betelgeuse é unha estrela xigante vermella, e unha das maiores estrelas coñecidas, sendo de grande interese para a astronomía. O diámetro angular de Betelgeuse foi medido pola primeira vez en 1920-1921 por Michelson e Pease, sendo unha das cinco primeiras a seren medidas usando un interferómetro no telescopio de 100 polegadas do Observatorio de Monte Wilson. Seu diámetro varía entre 500 e 900 veces o do Sol. No diámetro máximo, a estrela seria maior que a órbita de Saturno, se colocada no lugar do Sol. Apesar de ser apenas 15 veces máis masiva que o Sol, é cerca de algunhas decenas de millóns de veces maior en volume, como unha bóla de fútbol comparada a un grande estadio de fútbol. A súa proximidade de Terra e o seu enorme tamaño, fan dela a estrela co terceiro maior diámetro angular, con vista da Terra[1], menor apenas que o Sol e R Doradus. É unha das 12 estrelas cuxo brillo real os telescopios actuais poden visualizar.
Supernova
Os astrónomos prevéen que Betelgeuse pode pasar por unha explosión supernova tipo II. Porén, as opinións están divididas canto ó momento en que isto pode ocorrer. Algúns suxiren que a variabilidade actual é un sinal de que xa está na fase de queima de carbono de seu ciclo de vida, e debe sufrir unha explosión supernova aproximadamente nos próximos mil anos. Outros escépticos discordan dese punto de vista e afirman que a estrela debe sobrevivir moito máis tempo. Hai consenso sobre o feito de que a supernova sería un evento astronómico espectacular, pero non significaría ameaza para a vida na Terra, dada a enorme distancia da estrela. A estrela volveríase polo menos 10.000 veces máis brillante, o que significa un brillo equivalente ó dunha lúa crecente. Algúns cren que pode chegar ó brillo de unha lúa chea (mv = -12.5). Ese fenómeno duraría algúns meses, parecendo unha pequena lúa chea da cor dunha lámpada incandescente á noite e facilmente visible durante o día. Logo dese período a estrela apagaríase gradualmente ata que tras algúns meses ou anos desapareza completamente e Orión perda o ombro esquerdo.