Alt Vinalopó
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Capital | Villena | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.576 (2022) (81,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 644,76 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Alt Vinalopó (en castelán: Alto Vinalopó) é unha comarca situada no noroeste da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Villena.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Debe o seu nome a que se atopa xeograficamente no curso alto do río Vinalopó. Limita polo norte coa provincia de Valencia, concretamente coas comarcas de Costera e Vall d'Albaida, ao leste coa comarca do Alcoià, ao sur coa do Vinalopó Mitjà e ao oeste con Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Ademais, as localidades desta comarca teñen unha relación sociocultural e económica importante coas localidades de Caudete e Almansa, pertencentes á provincia de Albacete.
Concellos
[editar | editar a fonte]Lingua
[editar | editar a fonte]Os concellos de Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e La Canyada pertencen ao ámbito lingüístico do valenciano, mentres que os concellos de Salinas, Sax e Villena son de predominio lingüístico castelán.