Antoatecados
Antoatecados Anthoathecata | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hydra viridissima | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subordes | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
O dos antoatecados (Anthoathecata), tamén coñecidos como antomedusas (Anthomedusae), é unha orde de cnidarios da clase dos Hidrozoos.[1][2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi descrita en 1992 por Paul F. S. Cornelius,[1] no seu traballo "Medusa loss in leptolid Hydrozoan (Cnidaria) hydroid rafting, and abbreviated life-cycles among their remote-island faunae: an interim review". En: J. Bouillon, F. Boero, F. Cicogna, J. M. Gili & R. G. Hughes, eds., "Aspects of hydrozoan biology". Scientia Marina 56 (2-3): 245-261.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido (2020), a orfe coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Anthoathecatae (ortografía non aceptada de Anthoathecata)
- Anthomedusae· (aceptaddo como sinónimo altenativo, nome proposto por Ernest Haeckel en 1879).[2]
- Athecata
- Gymnoblastea
- Laingiomedusae
Nota etimolóxica
[editar | editar a fonte]O nome deste grupo está en debate: segundo as fontes, ortografíase como Anthoathecata, Anthoathecatae, ou Anthomedusae.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A orde subdivídese nas tres subordes:[1]
Ademais existen varios taxons incertae sedis.[1]
Características
[editar | editar a fonte]A maioría das especies son formas coloniais que segregan unha estrutura ramificada común sobre a que se implantan os pólipos. Nestas colonias existe unha división funcional entre os pólipos que integran a colonia: algúns teñen funcións alimentarias, e son coñecidos como gastrozoides; outros son defensivos, os dactilozoides, erizados de cnidocitos; e outros, os activos reprodutivamente, son os denominados gonozoides.
Os caracteres diagnósticos do grupo son dous:[3]
- a carencia de teca nos pólipos, isto é, que son atecados (de aí o seu nome);
- a presenza de tentáculos de morfoloxía variada, de filiformes a capitados.
O seu hábitat preferente é o mariño, aínda que hai xéneros como Hydra que son propios de auga doce. Algunhas especies adoitan dispoñerse en bordos rochosos a pouca profundidade, ben batidos polas ondadas. Outras forman praderías,[3] e, noutras ocasións, como moitos corais da familia Stylasteridae, habitan en montañas mariñas, a profundidades de até 5 000 m.[4]
A distribución xeográfica dos representantes do grupo inclúe todos os océanos e latitudes, desde augas polares a tropicais.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Anthoathecata no WoRMS. Consutado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Anthoathecatae no ITIS. Consutado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Andreu, A.; et al. (2003). Diversidad animal: fichas para el reconocimiento de especies. Murcia: Diego Marín Librero Editor, S. L. ISBN 84-95095-15-7.
- ↑ Stylasteridae na EOL. Consultada o 30 de agosto de 2020.
- ↑ Anthoathecata no GBIF. Consultada o 30 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antoatecados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antoatecados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent. 24: 47-296.
- Cornelius, P. F. S. (1992): "Medusa loss in leptolid Hydrozoan (Cnidaria) hydroid rafting, and abbreviated life-cycles among their remote-island faunae: an interim review". En: J. Bouillon, F. Boero, F. Cicogna, J. M. Gili & R. G. Hughes, eds., "Aspects of hydrozoan biology". Scientia Marina 56 (2-3): 245-261.
- Lin, M., Xu, Z.-Z., Huang, J.-Q., Nurul, F., Guo, D.-H., Wang, C.-G. & Chen, B. (2013): "Two new species of Anthomedusae from the Bitung Strait, Indonesia (Cnidaria)". Acta zootaxonomica sinica 38 (2): 246–250.
- Peña Cantero, A. L.; Vervoort, W.; Watson, E. J. (2003): "On Clathrozoellidae (Cnidaria, Hydrozoa, Anthoathecatae), a new family of rare deep-water leptolids, with the description of three new species". Zoologische Verhandelingen 345: 281–296.
- Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.