[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Anxo Boán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnxo Boán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Sandiás, Vilaúxe, Chantada
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, escritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa

BNE: XX1695746

Anxo Boán Rodríguez, nado en Sandiás (Vilaúxe, Chantada) o 7 de abril de 1961, é un e escritor e avogado galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa infancia na aldea, no mundo rural, marcará toda a súa obra literaria. Tras cursar Formación Profesional da rama de explotacións agropecuarias, fixo estudos de Bacharelato[1] no instituto chantadino Lama das Quendas e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a avogacía en Chantada.

Colaborou coa revista Xistral e o xornal lugués El Progreso[2]. Comparte habitualmente as súas creacións poéticas nas redes sociais[3].

O seu primeiro libro de poemas é As árbores das idades (2004)[4]:

"As Árbores das Idades" é o primeiro poemario publicado polo autor e debe o título a un dos poemas dedicados a todos aqueles que emigraron a ultramar a mediados do século pasado e que xa non retornaron ou cando o fixeron todo era diferente. En cada unha das árbores que bebían na beira do rigueiro era unha etapa na vida que se ía esfumando no emigrante protagonista do poema

Continuou con Poemas para unha alma ferida (2016), con Limiar de Xosé Lois García Fernández[5]:

"Poemas para unha alma ferida" conta con limiar e comentarios do prestixioso poeta e historiador Xosé Lois García, e o eixe fundamental da obra contén un heptapoemario de laio e doer de Marian que acaba de perder ao seu fillo traxicamente. Son poemas de musicalidade redactados de maneira sinxela e concisa que levan mensaxes e esperanza a Marian e a todos aqueles que soportan a pesada carga da traxedia e da ausencia

En 2017 publicou Corenta sonetos de amor e conforto, con Epílogo de Xulio López Valcárcel.

Non abonda ao poeta coller un papel, e escribir frases ben compasadas, sexan frases libres ou ben rimadas, cando a musa non quere estar con el[6].

"Ser poeta é ser a pedra e o cicel,
un escultor das musas inspiradas,
un trobador para almas apaixoadas,
e un azoute para o corazón cruel"

Estamos ante un poemario que é un soporte de fidelidade á nosa lingua, de dignidade ao noso país e de aprendizaxe nos bos desexos e vontades dun amor lúcido e transparente. A persoalísima riqueza de obedecer aos desexos do amor soñado, desexado ou conquistado, maniféstase neste libro dunha maneira moi contundente (Xosé Lois García [7].)

En 2018 publicou o poemario Déixame a lúa acesa. Segundo a editora: "O lector axiña identificará a musa do poeta coa súa propia namorada ou namorado, pretendida ou pretendido".[8] Xosé M. Eyré sinala no limiar: "Entréganos así un poemario de expresividade limpa, clásica nos días que corren, que recupera a métrica e a rima e, sobre todo, o fulgor do sentimento como motor da vida".[9]

Tamén escribiu narrativa, As cousas do Fuco (2016), con limiar de Pablo Rubén Eyré[10]:

O autor retrátanos a vida dun neno que tiña que axudar nos traballos agrícolas dos seus pais como realidade social no mundo rural da Galicia profunda a finais dos anos 1970. O neno protagonista deste relato, chamado Fuco, escribe nun caderno íntimo e persoal as súas vivencias narradas en primeira persoa. Faino coas expresións populares propias do xeito de falar do rural da vila chantadina, onde naceu o autor, quen, á súa vez, ao longo deste relato, mantén conversas co neno protagonista da obra, que acaba entregándolle o caderno escrito de forma tan natural como sinxela

Para Xosé Lois García[11]:

Por tanto, Sandiás é o epicentro dunha cultura nutrida entre a ribeira e as valgadas altas de Vilauxe. Un espazo transversal e poliédrico que transmite as esencias mais puras para que unha sensibilidade tan adherida a seu medio manifeste neste libro oito capítulos ou secuencias sobre as andanzas de Fuco, que non deixa de ser unha autobiografía -supoño- como acontece neste tipo de literatura infantil que, na maioría dos casos non deixa de ser allea aos adultos.

Segundo Alfredo Pardo[12]:

Anxo Boán puntualiza unha narrativa tendencialmente realista, contribuíndo notablemente e de forma crítica sobre a marxinación de certas palabras, usos e costumes lingüísticas.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • En 1976 foi premiado no Certame literario convocado pola asociación cultural Lumieira de Chantada pola obra de teatro Traxicomedia de Luís e Margarita
  • En 1976 foi premiado no Certame convocado polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada pola obra de teatro Nadal Tráxico
  • En 1980 foi premiado polo INMB[Cómpre clarificar] de Chantada polo poema Camiñando de noite
  • En 2001 gañou o premio Xohán de Requeixo
  • En 2011 gañou o premio de xornalismo “Moncho do Pío” por un artigo no Xornal El Progreso sobre a muller traballadora na Ribeira Sacra chantadina
  1. "Anxo Boan Rodríguez. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-08-20. 
  2. "Anxo Boán Rodríguez". escritores.org. Consultado o 06/11/2017. 
  3. "Anxo Boán Rodríguez". Facebook. Consultado o 06/11/2017. 
  4. "As árbores das idades". escritores.org. Consultado o 06/11/2017. 
  5. "Poemas para unha alma ferida". escritores.org. Consultado o 06/11/2017. 
  6. "Corenta sonetos de amor e conforto". editorialcirculorojo.com. Consultado o 10/12/2017. 
  7. "Corenta sonetos de amor e conforto". galiciadigital.com. Consultado o 12/12/2017. 
  8. "Déixame a lúa acesa". Punto Rojo Libros. Consultado o 2019-02-22. 
  9. Boán Rodríguez, Anxo (2018). Déixame a lúa acesa. Círculo Rojo. p. 20. ISBN 978-84-17715-41-0. 
  10. "As cousas do Fuco". escritores.org. Consultado o 06/11/2017. 
  11. García, Xosé Lois. "As cousas do Fuco". galiciadigital.com. Consultado o 08/01/2019. 
  12. Pardo, Alfredo (28/01/2017). "Entre Lusco e Fusco". elprogreso.es. Consultado o 08/01/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]