[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Aparello fonador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O aparello fonador ou aparello vocal consiste no conxunto de órganos da fala e os músculos que os accionan. A súa función está sobreposta ás actividades fisiolóxicas primarias (respirar, comer), polo que, en esencia, non se pode falar de "aparello fonador": certos órganos resultaron evolutivamente útiles á produción dos sons da linguaxe, pero na fala interveñen tamén o cerebro, o sistema nervioso e os órganos da audición.

O aparello fonador está composto por tres grupos de órganos diferenciados:

  1. Órganos de respiración (cavidades infraglóticas: pulmóns, bronquios e traquea).
  2. Órganos de fonación (cavidades glóticas: larinxe, cordas vogais e resoadores -nasal, bucal e farínxeo-).
  3. Órganos de articulación (cavidade supraglótica: padal, lingua, dentes, beizos e glote) .

Ademais, o correcto funcionamento do aparello fonador contrólao o sistema nervioso central. Especificamente, sábese que o control da fala se realiza na área de Broca, situada no hemisferio esquerdo do córtex cerebral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.