Ariruma Kowii
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jacinto Conejo Maldonado 4 de agosto de 1961 (63 anos) Otavalo, Ecuador |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ecuador |
Educación | Universidade Central de Ecuador |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua kichwa e lingua castelá |
Wankar Ariruma Kowii Maldonado, anteriormente coñecido como Jacinto Conejo Maldonado é un escritor, poeta e dirixiente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-otavalo.
Traxectoria
Considerado un dos principais poetas en lingua kichwa, estudou ciencias sociais e políticas na Universidade Central de Ecuador. A súa colección de poemas kichwas Mutsuktsurini, publicada en 1988, foi un dos primeiros libros en Ecuador exclusivamente escritos en kichwa. Escribe tamén para o xornal quiteño Hoy.
O 22 de agosto de 2007 foi nomeado subsecretario de Educación dos Pobos Indíxenas de Ecuador no Ministerio de Educación, responsábel para o Diálogo Interculural.[1] Defendeu a decisión do expresidente Rafael Correa de colocar a educación intercultural bilingüe baixo a autoridade do goberno, afirmando que a "dirixencia da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) intentou adoutrinar aos estudantes para que seguisen a liña de acción política trazada pola organización".[2]
Ariruma Kowii é irmán do alcalde de Otavalo, Mario Conejo Maldonado.[3]
Obras
- Mutsuktsurini, 1988
- Tsaitsik: poemas para construir el futuro (edición bilingüe), 1993
- Diccionario de nombres quichuas, 1998.
Notas
- ↑ "Ariruma Kowii, un poeta al frente de educación indígena. Hoy, 23 de agosto de 2006". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 23 de abril de 2009.
- ↑ El control de la Dineib profundiza la pugna entre Conaie y Gobierno. El Universo, 8 de marzo de 2010
- ↑ "Análisis político del movimiento indígena en Otavalo y Cotacachi". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2011.