[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Ariruma Kowii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAriruma Kowii

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jacinto Conejo Maldonado Editar o valor en Wikidata
4 de agosto de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Otavalo, Ecuador Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Ecuador Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua kichwa e lingua castelá Editar o valor en Wikidata

Wankar Ariruma Kowii Maldonado, anteriormente coñecido como Jacinto Conejo Maldonado é un escritor, poeta e dirixiente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-otavalo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Considerado un dos principais poetas en lingua kichwa, estudou ciencias sociais e políticas na Universidade Central de Ecuador. A súa colección de poemas kichwas Mutsuktsurini, publicada en 1988, foi un dos primeiros libros en Ecuador exclusivamente escritos en kichwa. Escribe tamén para o xornal quiteño Hoy.

O 22 de agosto de 2007 foi nomeado subsecretario de Educación dos Pobos Indíxenas de Ecuador no Ministerio de Educación, responsábel para o Diálogo Interculural.[1] Defendeu a decisión do expresidente Rafael Correa de colocar a educación intercultural bilingüe baixo a autoridade do goberno, afirmando que a "dirixencia da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) intentou adoutrinar aos estudantes para que seguisen a liña de acción política trazada pola organización".[2]

Ariruma Kowii é irmán do alcalde de Otavalo, Mario Conejo Maldonado.[3]

  • Mutsuktsurini, 1988
  • Tsaitsik: poemas para construir el futuro (edición bilingüe), 1993
  • Diccionario de nombres quichuas, 1998.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]