Cuanza Sul
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Angola | ||||
Capital | Sumbe | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.881.873 (2014) (33,85 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Bolo (en) Nsongo (en) Língua sama (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 55.600 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AO-CUS | ||||
Cuanza Sul é unha das 18 provincias de Angola, localizada na rexión central do país, á beira do océano Atlántico.
A súa capital é a cidade de Sumbe que, no ano 2018, contaba cunha poboación de 313.894 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A provincia ten unha superficie de 55 660 km² (o 4,7 % da superficie total do país).[2] Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística, conta cunha poboación de 2 109 999 habitantes, sendo a quinta provincia máis poboada de Angola.[1][3]
División administrativa
[editar | editar a fonte]A provincia está dividida administrativamente en 12 municipios con 32 comunas.
Os municipios son:
Límites
[editar | editar a fonte]Cuanza Sur encóntrase na maxe equerda do río Cuanza que é o seu límite coas provincias de Cuanza Norte e de Malanje. Limita tamén ao norte coa provincia de Bengo; ao sur coas de Benguela e de Huambo; ao leste coa de Bié e ao oeste co océano Atlántico.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Os grupos étnicos principais da provincia son os Kibalas, N'goias, Musseles, Mussumbas e Bailundos. O idioma máis falado, canda o portugués, é o kibundu,[4] pero tamén se fala o umbundu.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]A colonizción portuguea desta provincia iniciouse na foz do río Cambongo-Negunza, en 1769, por decreto de Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, que foi Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Angola entre 1764 e 1772,[6][7] que ordenou a construción dun forte-presidio denominado Novo Redondo. O río Cambongo-Negunza recebiu o seu nome en homenaxe ao entó soba (autoridade) local Negunza Cabolo.
Agora baixo a influencia administrativa do reino de Benguela, entón baixo a responsabilidade administrativa dos distritos de Luanda e Cuanza, Cuanza Sul permaneceu á marxe do desenvolvemento da colonia até principios do século XX.
O 15 de setembro de 1917 o goberno colonial decidiu dividir o distrito de Cuanza nos distritos de Cuanza Norte (con sede en Golungo Alto) e de Cuanza Sul (con sede en Porto Amboim).[8]
No ano de 1955 a sede do distro foi transferida de Porto Amboim á cidade de Sumbe.
A provincia resultou moi afectada durante a guerra civil angolana (1975-2002). Un gran número de civís morreron nos enfrontamentos entre a Unión Nacional para a Independencia Total de Angola (UNITA) e as Forzas Armadas angolanas (FAA). As plantacións café e outros cultivos foron destruídos. Os ataques frecuentes obrigaron á xente a abandonar os seus municipios. A UNITA estableceu a súa sede central na provincia.[9][10]
Ao redor de 116 000 persoas foron desprazadas e vivían en campamentos. A maioría delas eran das zonas rurais e das rexións da meseta de Bié, densamente poboada.[11] O 17 de decembro de 2000, os combatentes da UNITA mataron a 31 soldados das FAA e saquearon vehículos, armas e preto de 20 000 litros de gasóleo en Quibala.[12] En abril de 2001 atacaron postos das FAA e capturaron numneosas armas de fogo.[13]
Multitude de minas terrestres atipersoa que se puxeron durante a guerra civil aínda hoxe están presentes, e o goberno outorgu contratos para desenterralas a distintas organizacións.[14] Aínda están presentes en varias áreas.[15] A provincia ten aínda unha alta densidade de minas terrestres.[16]
En 2008, Agusta Urica, de 31 anos, foi coroada como a primeira Miss Landmine (Miss Minas terrestres) en Luanda, vencendo a outras 17 mulleres que perderon extremidades polas minas terrestres que aínda perduran como vestixios da guerra civil. Augusta, unha sobrevivente dunha mina terrestre que lle seccionou parte dunha perna, recibiu o galardón ante varios dignatarios e a primeira dama da nación, Ana Paula dos Santos.[17]
Os preparativos para o concurso dese ano comezaron en 2006, cando 10 das concursantes foron trasladadas á capital angolana para participaren nunha sesión de fotos. Polo seu traballo, ás mulleres se lles pagaron 200 $ por día e se lles regalou a roupa e as xoias que usaron para as fotos. As fotos colocaráronse en liña, onde os votantes de Internet podían elixir a súa propia Miss Landmine favorita. Case 10 000 persoas de 30 países votaron, e Maria Restino Manuel, de 26 anos, Miss Landmine de Cuanza Sul, foi a gañadora de Internet, co 29 % dos votos. Ao igual que a Augusta Urica, tamén recibiu un membro protésico feito a medida.[17]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa e parque en Cela
-
Paisaxe rural de Cela
-
Rolls Royce en Porto Amboim
-
Aldea rural preto de Sumbe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado e 14 de setembro de 2019.
- ↑ António, João (2008): O micro-crédito como ferramenta para o relançamento da cultura do café na região agrícola do Libolo e Amboim. Universidade Técnica de Lisboa.
- ↑ "Governo de Angola - INE - Resultados Definitivos Recenseamento da População (2014) . Páxina 89" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2016. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ "Cuanza Sul: The Province". Agencia Angola Press. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 15 de sepembro 2019.
- ↑ James 2011, p. 147.
- ↑ Rulers.org - Angola
- ↑ worldstatesmen.org - Angola
- ↑ Cuanza Sul - um nome derivado da divisão do distrito colonial do Cuanza Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Central Intelligence Agency 1990, p. 29.
- ↑ Weigert 2011, p. 153.
- ↑ Int'l Business 2014, p. 23.
- ↑ Weigert 2011, p. 158.
- ↑ Weigert 2011, p. 161.
- ↑ Vines 1997, p. 54.
- ↑ Stead & Rorison 2013, p. 77.
- ↑ "Landmine Monitor Report". Hrw.org. Consultado o 16 de setembro de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 Bronisteel, Sara (3 de abril de 2008). "Amputee Beauty Pageant Crowns Miss Landmine 2008". Fox News. Consultado o 16 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuanza Sul |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Europa Publications (2003). Africa South of the Sahara 2004. Psychology Press. ISBN 978-1-85743-183-4.
- Minerals Yearbook, Vol. 3. Area Reports International, Africa and the Middle East. Government Printing Office. 2010. ISBN 978-1-4113-2965-2.
- Ibp Inc (2014). Angola Oil and Gas Exploration Laws and Regulation Handbook Volume 1 Strategic Information and Basic Laws. Int'l Business Publications. ISBN 978-1-4330-7852-1. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- James, W. Martin (2011). Historical Dictionary of Angola. Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7458-9. OCLC 712777842.
- Stead, Mike; Rorison, Sean (2013). Angola. Bradt Travel Guides. ISBN 978-1-84162-443-3. OCLC 809938802.
- United States. Central Intelligence Agency (1990). Angola. Human Rights Watch. GGKEY:379Y7T2K4UX.
- Vines, Alex (1997). Still Killing: Landmines in Southern Africa. Human Rights Watch. ISBN 978-1-56432-206-7. OCLC 246170324.
- Weigert, Stephen L. (2011). Angola: A Modern Military History, 1961-2002. Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-230-33783-1. OCLC 759166807.