Cabriolé
Un cabriolé[1] (tamén chamado convertible[2][3] ou spider para os modelos italianos) é un tipo de carrozaría de automóbil sen teito ou cuxo teito pode ou ben quitarse ou ben pregarse e gardarse no maleteiro. Este teito, denominado capota, pode ser de vinilo, tea, plástico ou de metal; popularmente chámase cabrio e en ocasións denomínase erroneamente cupé debido á mercadotecnia que levaron a cabo os fabricantes de automóbiles cando comezaron a xuntar as denominacións cupé-cabriolet para referirse aos convertibeis conformados con teito metálico. Practicamente todos os convertibeis teñen dúas portas laterais, debido a que as aperturas máis grandes causarían problemas estruturais no chasis.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao principio do século XX o cabriolé foi o deseño por omisión. Non foi senón ata 1910 que Cadillac introduciu o primeiro automóbil de deseño pechado. Unha combinación de motores débiles e a percepción de que un automóbil así deseñado asemellábase a un vagón, derivou en que os automóbiles de teito metálico non tivesen moita demanda nese tempo. Ata mediados dos anos vinte, os convertibeis foron os vehículos máis vendidos, xa que a súa construción, por entón máis sinxela que os "sedán" de carrozaría pechada, permitían unha maior facilidade técnica na súa construción e un prezo máis axustado aos "petos" da época. Máis tarde, os convertibeis fabricáronse con menos frecuencia, posiblemente debido a unha combinación de factores, entre eles, unha esixencia do goberno dos Estados Unidos, a mediados dos anos 70, para incrementar a seguridade en caso de envorco, o que fixo dubidar aos fabricantes sobre a súa venda ante tales restricións. Nesa década, o modelo xa case desaparecera e, en 1976, o Cadillac Eldorado foi publicitado como "O último cabriolé de Estados Unidos". Durante este período de baixa produción de convertibeis, o modelo T-top converteuse nunha alternativa popular aos convertibeis, especialmente nos chamados muscle car. Noutras partes do mundo, Europa, en particular, a produción de convertibeis foi continua, con varios modelos destacados.
Non foi ata a década de 1980 que regresaron os convertibeis ao mercado estadounidense, alcanzando a súa reconsolidación no gusto da xente co Mazda MX-5, na década de 1990. Aínda en 2007, a maior parte dos fabricantes de automóbiles ofrecen modelos convertibeis. Outro caso de cabriolé é o Ford Galaxie, fabricado en 1966 e un dos seus exemplares, foi obsequiado ao Goberno de Chile, pola Raíña Isabel II de Inglaterra durante unha visita oficial a Chile.
Roadster
[editar | editar a fonte]Un automóbil deportivo bipraza con carrozaría cabriolé adóitase denominar Roadster. Son xeralmente moi lixeiros e de tracción traseira. O termo provén do inglés, e utilizábase para describir aos antigos deportivos convertibeis, que dispoñían de dúas prazas e un asento pregable para outras dúas persoas aloxado no maleteiro. Nalgúns modelos antigos non existía capota algunha, senón que o automóbil sempre quedaba ao aire libre e non había portelos laterais. O Jaguar XK ten as características do típico roadster inglés. Coa crise do petróleo da década de 1970, os deportivos diminuíron as súas vendas e os roadsters desapareceron. En 1989, a marca xaponesa Mazda reinventou o roadster co seu MX-5.
Os fabricantes italianos como Alfa Romeo, Fiat e Ferrari designan este tipo de carrocería como Spider (ou Spyder). Os alemáns adoitan chamalos Speedster e un coche clásico alemán que usa esta terminoloxía lingüística viría ser o Porsche 356 Speedster. Os termos Spider e Speedster son moi comúns en certas rexións.
Cabe sinalar que existe unha versión da orixe do nome "spider" que se remonta a un tipo de pequena carruaxe de cabalos chamada Sulky do século XIX popular nos Estados Unidos, moi lixeira, dunha soa banqueta, dotada dunhas béstas grandes e moi flexibles que achegaban unha confortable comodidade aos viaxeiros. As enormes rodas que tiña conferíanlle un aspecto estraño. Unha dama bautizouno enseguida: parece un "spider" (araña en inglés).
Teito targa (Targa Top)
[editar | editar a fonte]O Targa Top, tamén coñecido como o Surrey Top, é un tipo de carrozaría semicabriolé de automóbil, trátase dunha carrozaría aberta que dispón dunha barra de protección en caso de accidentes (a miúdo moi ancha), unha fiestra traseira fixa ou desmontable e unha sección do teito entre o parabrisas e a barra de protección que pode desmontarse con facilidade.
O nome "targa" popularizouse coa introdución do Porsche 911 Targa de 1965, aínda que o primeiro coche de produción deste tipo foi lanzado realmente cinco anos antes e foi o Triumph TR4 en 1961, que o ofrecía como opción e comunmente coñecido como un "Surrey Top". Tamén foi utilizado nos Saab Catherina de 1964. O nome targa foi adoptado por Porsche na carreira de Targa Florio na cal competiron.
Open Air (Open Top - Rag Top)
[editar | editar a fonte]O Open Air é un tipo de carrozaría semicabriolé, conformada por un teito de lona ou vidro removible. Unha característica deste tipo de carrozarías é que só a parte superior do automóbil pode ser desmontada ou pregada ademais que os vidros laterais e traseiros nalgúns casos non poden desmontarse. É o caso do Citroën C3 Pluriel, Volkswagen Polo e o Renault Twingo.
Galería
[editar | editar a fonte]Coche aberto e roadster
[editar | editar a fonte]-
Ford Model T circa 1925, con mínima protección contra as inclemencias do tempo
-
Bentley 4½ Litre 1929 con complementos de luxo e pantallas laterais de parafuso
-
Ford Phaeton 1934 coche aberto de catro portas
-
MG TD circa 1953, con teito brando manual, pantallas laterais desmontables manualmente con ventás de plástico transparente e ventá traseira de Polimetilmetacrilato.
-
Lancia D23 Spyder 1953
-
1955 Porsche 550 Spyder
Convertibles
[editar | editar a fonte]-
Nash Rambler Convertible "Landau" Coupe circa 1950 de perfil ríxido fixo
-
Jaguar XK circa 2008, con ventá traseira de vidro calefactable e parte superior de tela totalmente automática con lona ríxida que se oculta integramente.
-
Mercedes SL 1964, dispoñible cun teito duro desmontable.
-
Lincoln Continental circa 1962, catro portas con teito de funcionamento integral automático autoalmacenable
-
Jaguar E-type 1963, con teito de vinilo pregable
-
Cadillac Eldorado 1972, con teito de lona desmontable
-
Citroen 2CV circa 1975, con teito abatible e portas ríxidas
-
Rolls Royce Corniche circa 1986, unha marca de prestixio de alta gama cunha cuberta de lona instalada manualmente
-
Cadillac Allanté circa 1993, cunha cuberta de plástico ríxida desmontable, construída en Italia por Pininfarina, 56 corpos completos trasladáronse aos Estados Unidos á vez, nun Boeing 747 especialmente equipado para o seu ensamblaxe final en Hamtramck, Michigan.[4]
-
Volkswagen New Beetle circa 2003, con capota convertible de tea con forro interior, unha capa de illamento acústico e ventá traseira de vidro calefactable
-
Porsche Boxster circa 2004, con parabrisas de plástico transparente desmontable e unha parte superior doblada en Z, elevable automaticamente en 12 segundos[5] tun teito duro opcional de 23 kg. (non se mostra)
-
Citroën C3 Pluriel circa 2007, un convertible multiconfigurable con teito téxtil enrolable e barras laterais ríxidas extraíbles
-
A Fiat 500 (2007) convertible de perfil ríxido fixo
-
1966 Rolls-Royce Phantom V landaulet
-
Mercedes-Benz 300d landaulet en funcionamento
Teito ríxido retráctil
[editar | editar a fonte]-
Mazda Miata Power Retractable Hard Top (PRHT) circa 2007, con un teito duro de Policarbonato de 35 kg. e capacidade de carga idéntica á versión de teito brando[6]
-
Cadillac XLR circa 2007, con teito duro de aluminio totalmente retraible (é dicir, lixeiro) oculto por unha cuberta de lona autoalmacenable, o teito duro fabricouno unha empresa conxunta de provedores de Mercedes- Benz e Porsche[7]
-
Daihatsu Copen circa 2001 con teito duro retraible, que se clasifica para a clase xaponesa ultra compacta kei
-
Ford Focus CC circa 2006 co teito retraído, o seu montaxe final realizado por Pininfarina
-
Chevrolet SSR circa 2004, unha camioneta con teito duro retráctil, a súa parte superior deseñada por American Specialty Cars
-
Volkswagen Eos circa 2007, a parte superior de cinco segmentos presenta un teito solar deslizante independente, feito por OASys
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Cabriolé.
- ↑ Gran Dicionario Xerais da Lingua (Xerais, 2009).
- ↑ Superdicionario Castelán-Galego (Morgante, 2011).
- ↑ Schuon, Marshall (19 de abril de 1987). "The few, the rich, Pininfarina". The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ "2007 Porsche Boxster news, pictures, and information". Conceptcarz.com. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ Vaughn, Mark (10 de setembro de 2006). "2007 Mazda MX-5 Miata Power Retractable Hardtop". Autoweek. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ Keebler, Jack (agosto 2002). "2004 Cadillac XLR". Motor Trend. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabriolé |