Calvos de Randín
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Calvos | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 679 (2023) (6,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 97,7 km² | ||||
Altitude | 893 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Aquilino Valencia Salgado (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Calvos de Randín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32016 | ||||
Páxina web | calvosderandin.com… |
Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003). O xentilicio é calvense ou randinense.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 922 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 33 (3,58 %) |
Entre 15 e 64 anos | 395 (42,84 %) |
Maiores de 65 anos | 494 (53,58 %) |
Evolución da poboación de Calvos de Randín Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3650 | 3676 | 3429 | 2074 | 1212 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.
É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.
Historia
[editar | editar a fonte]A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.
Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.
O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).
Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).
A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.
O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.
Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.
Fillo predilecto
[editar | editar a fonte]Fillo adoptivo
[editar | editar a fonte]- Luís García Mañá[4], o 26 de abril do 2008[5].
Calvos de Randín na literatura popular
[editar | editar a fonte]- A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [6].
- As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [7].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [8].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [8].
- As mociñas, as de Calvos,/ gastan dous pares de medias/ pra que lle digan os homes/ que gordas teñen as pernas [8].
- As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [9].
- Desde o Outeiro ás Nogueiras/ hai unha tranca no chau;/ a Antonia caiu nela/ i o Francisco deulle a mau [10].
- Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [11].
- Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [12].
- No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [13]
- O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla [14].
- Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [15].
- Viva Calvos, viva Calvos,/ Viva Calvos de Randín,/ viva Calvos, viva Calvos,/ terriña donde eu nacín [16].
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións municipais en Calvos de Randín.
En 2010 catro edís do PPdeG co apoio do ex-edil do PSdeG José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura ao alcalde Aquilino Valencia. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repita o pleno.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Calvos de Randín.
-
Igrexa de Santiago de Rubiás
-
Capela de Santo Antón, en Randín.
-
Peto de ánimas en Calvos.
-
Inscrición no peto de ánimas de Calvos.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Calvos de Randín
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Calvos de Randín vexa: Lugares de Calvos de Randín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Sobrado Palomares echa sus raíces en Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "Alfonso Sobrado Palomares recibiu o agradecemento dos veciños de Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "O pleno de Calvos de Randín nomea a Luis García Mañá fillo adoptivo polo seu apoio ao Couto Mixto". 30/12/2007. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "Nomeamento de Luís García Mañá como fillo adoptivo de Calvos de Randin". Galeguizar Galicia. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. Nogueiras é lugar da parroquia de Santiago de Calvos, no concello de Calvos de Randín; na mesma parroquia hai o lugar de Outeiro.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Tampouco se identifica a que Ribas se refire.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirise a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calvos de Randín |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |