[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Cariátide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de xaneiro de 2008 ás 16:27 por Hugo22 (conversa | contribucións) (Traducido da wiki castelá)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Cariátides no Erecteión da Acrópole de Atenas

A cariátide (grego antigo Καρυάτις, plural: Καρυάτιδες) é unha figura feminina esculpida, con función de columna ou pilastra, cun entaboamento que descansa sobre a súa cabeza. O máis típico dos exemplos é a Tribuna das Cariátides no Erecteión, un dos templos da Acrópole atenense.

O seu nome, quere dicir habitantes da cidade de Caria (Καρυές), na Laconia, e vén, segundo é dito, de que sendo esta cidade aliada dos persas durante as Guerras Médicas, os seus habitantes foron exterminados polos outros gregos e as súas mulleres foron convertidas en escravas, e condenadas a levar as máis pesadas cargas. Sendo éstas representadas como talles nas columnas dos edificios.

En 1550, Jean Goujon (arquitecto e escultor do rei Henrique II de Francia) tallou unhas cariátides no Louvre, que sosteñen a plataforma dos músicos na sala dos gardas suízos (actualmente chamada das Cariátides). Goujon só coñecera as cariátides do Erecteión mediante inscricións e nunca vira as orixinais.

Cando a figura empregada como columna é masculina, chámase atlante ou telamón.

De figura hierática na Antigüidade, a cariátide converteuse ao longo do século XIX, en extremadamente lasciva, debido aosseus drapeados axustados, e ás súas pouses suxestivas.

Véxase tamén