Cerdido
36' 43" N 07° 57' 17" O_E_ 0°N 0°L / 43_36_43_N_07_57_17_W, 43° 36' 43" N 07° 57' 17" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
Cerdido | |
---|---|
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | Cerdidense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Ortegal |
Poboación | 1.361 hab. (2010)[2][3] |
Área | 52,7 km²[3] |
Densidade | 25,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 3 parroquias[4] |
Capital do concello | As Felgosas |
Política (2007) | |
Alcalde | Ana Rodríguez Montero (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
Eleccións municipais en Cerdido | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,48% |
Na rede | |
www.cerdido.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE a súa poboación no 2010 era de 1.361 habitantes (1.496 no 2006, 1.522 no 2005, 1.558 no 2004, 1.589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cerdidense.
Evolución da poboación de Cerdido Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.060 | 3.350 | 3.696 | 2.195 | 1.558 | 1.361 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Toponimia
O topónimo deriva do latín quercetum, debido á abundancia de carballos da zona.
Xeografía
O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur con Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Pertence á Rede Natura 2000 da ría de Ortigueira-Mera.
Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.
A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.
Historia
No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.
No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.
O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de san Martiño de Xubia.
No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de visconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.
Goberno municipal
Alcalde durante varias décadas, Bernardino Breijo (PP) renunciou a esta condición e á de edil na corporación municipal en abril de 2006, a pouco máis dun ano das seguintes eleccións locais. Entrou no seu lugar, como alcaldesa, Ana Rodríguez Montero.
Nos comicios de maio de 2007, o PP voltou a ser o máis votado, pero perdeu un escano, acadando 5 concelleiros. Obtivo maioría absoluta, fronte aos 2 edís do BNG e os outros 2 que recolleu o PSdeG-PSOE. Ana Rodríguez Monteiro repetiu como rexedora.
Galería de Imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdido.
-
Igrexa de San Martiño de Cerdido
-
Hórreo na Cruz Encarnada
-
Palleiro
-
Hotel de naturaleza a via láctea, A Barqueira, Cerdido
Lugares de Cerdido
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdido vexa: Lugares de Cerdido.
Parroquias
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido | |
---|---|
A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño) |
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Cerdido".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerdido |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |