Charles-Eugène Guye
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1866 Champvent, Suíza (pt) |
Morte | 15 de xullo de 1942 (75 anos) Xenebra, Suíza |
Educación | Universidade de Xenebra |
Director de tese | Charles Soret (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, profesor universitario |
Empregador | ETH Zürich Universidade de Xenebra |
Obra | |
Doutorando | Catherine Chamié (pt) e Enrique Moles Ormella (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.95) |
Charles-Eugène Guye, nado en Champvent o 15 de outubro de 1866 e finado en Xenebra, Suíza o 15 de xullo de 1942, foi un físico suízo. Estudou física na Universidade de Xenebra, obtendo o seu doutoramento en 1889 cunha tese sobre o fenómeno da dispersión óptica rotatoria.
Dende 1890 ata 1892 traballou como lector en Xenebra, e dende 1893 ata 1900 como lector na Politécnica de Zürich, mudando o seu interese investigador á enxeñaría eléctrica. Dende 1900 ata 1930 foi profesor e director do Instituto de Física da Universidade de Xenebra.
Dende 1907, xunto ós seus estudantes Simon Ratnowsky e Charles Lavanchy levou a cabo experimentos para demostrar a dependencia da masa do electrón da súa velocidade,[1] e os seus resultados apoiaron as predicións de Lorentz, Einstein e da teoría especial da relatividade en contra da teoría rival do electrón proposta por Max Abraham.
Participou na 5ª e 7º conferencias de Solvay, e foi autor ou coautor de máis de 200 artigos sobre física e varios libros, incluíndo obras filosóficas sobre a base biolóxica-física-química da evolución e sobre os límites da física e da bioloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lacki, Jan; Yachin Karim (2005). "Replication of Guye and Lavanchy’s experiment" (PDF). Archives des Sciences 58: 159–170.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles-Eugène Guye |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |