[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Conversa usuario:Maria otero bouzón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, María, benvida á Wikipedia. Se necesitas axuda, podes preguntarnos a calquera dos usuarios que andamos por aquí. Por se acaso, pégoche aquí uns consellos básicos por se lle queres botar un ollo. Saudiños.

Dámosche a benvida á Galipedia, Maria otero bouzón!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 18:57, 20 novembro 2008 (UTC)

Lactosa

María. Se o que querías era crear un artigo sobre a lactosa, o lugar non é a túa páxina. Nas páxinas de axuda podes ver con detalle cómo e onde facelo, e se precisas que che boten unha man pregunta a calquera usuario. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 18:58, 1 decembro 2008 (UTC)

Novos artigos

Ola María:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:53, 21 decembro 2008 (UTC)

Olá

Compreende o português? Dédi's (conversa) 16:27, 15 xaneiro 2009 (UTC)

Muito bom então, quero um contato aqui da Galícia, para talvez editar e conhecer um pouco da cultura do seu país. E como gosta de biologia podemos editar bastante. Até mais! Dédi's (conversa) 15:26, 17 xaneiro 2009 (UTC)