César Essayan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1962 (62 anos) Sidón, Líbano |
Bispo titular | |
2 de agosto de 2016 – Diocese: Mareote (en) | |
Vigairo apostólico | |
2 de agosto de 2016 – Diocese: Vicariato Apostólico de Beirute (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2016–), sacerdote católico (1993–) |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Conventuais |
Consagración | Leonardo Sandri (pt) |
César Essayan (en árabe: سيزار اسيّان[1], "Saysar Assayan"), nado en Sidón (Líbano) o 27 de maio de 1962 é un relixioso armenio-libanés, dende 2016 vigairo apostólico de Beirut.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 27 de maio de 1962 en Sidón. O 8 de setembro de 1988 profesou como franciscano conventual. Foi ordenado sacerdote o 17 de abril de 1993, e no mesmo ano, o 21 de setembro, fixo os votos perpetuos.
O 2 de agosto de 2016 foi nomeado vigairo apostólico de Beirut e bispo titular de Mareotes. Recibiu a consagración episcopal de mans do cardeal prefecto da Congregación para as Igrexas Orientais Leonardo Sandri o 8 de outubro na catedral de san Luís de Beirut, e tivo como co-consagrantes principais ao seu predecesor Bulus Dahdah e ao nuncio no Líbano Gabriele Giordano Caccia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "أعضاء مجلس البطاركة والأساقفة الكاثوليك في لبنان ('aeda' majlis albatarikat wal'asaqifat alkathwlik fi lubnan), [Membros do Consello de Patriarcas e Bispos Católicos do Líbano]". Asemblea de Patriarcas e Bispos Católicos do Líbano (en árabe). Arquivado dende o orixinal o 06/09/2018. Consultado o 06/09/2018.
صاحب السيادة المطران سيزار اسيّان (sahib alsiyadat almataran syzar asyan)
- ↑ "Ordination épiscopale du vicaire apostolique des latins au Liban". L'Orient-Le Jour (en francés). 10 de outubro de 2016. Consultado o 23/09/2018.
Leonardo Sandri, a présidé, samedi, la cérémonie d'ordination du vicaire apostolique des latins au Liban, Mgr César Essayan, en la cathédrale Saint-Louis des capucins, au centre-ville de Beyrouth. Le cardinal Sandri était assisté de NN.SS. Gabriele Caccia, nonce apostolique au Liban, et Paul Dahdah, administrateur apostolique du vicariat.