Depth (videoxogo)
Depth | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Digital Confectioners |
Motor | Unreal Engine 3 |
Lanzamento | 2014 |
Xénero | Disparos en primeira persoa |
Modos de xogo | Multixogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Depth é un videoxogo indie desenvolvido por Digital Confectioners e lanzado para Microsoft Windows no 2014. É un multixogador asimétrico que enfronta a un equipo de mergulladores cazatesouros contra tiburóns.
Modo de xogo
[editar | editar a fonte]O xogo é un tirador en primeira persoa que ocorre nun ambiente submarino, o xogador pode xogar como mergullador ou tiburón. Os mergulladores desbloquean armas mellores coa captura de tesouros ou coa morte de tiburóns. Os tiburóns gañan novas habilidades comendo ó equipo contrario. Cada equipo ten un número limitado de reaparicións, e o primeiro en esgotalas todas perde.[1]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Depth comezou a produción no 2009, como un proxecto de estudos ideado como un mod de Unreal Tournament 3, e levado a cabo por un equipo liderado por Alex Quick. Entre 2010 e 2012, o xogo foi levado a UDK e converteuse nun xogo autónomo. Porén, o desenvolvemento atrancouse por mor de preocupacións por parte do equipo de produción. No 2013, Digital Confectioners retomaron o proxecto e remataron o xogo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |