Economía de Eritrea
Economía de Eritrea | |
---|---|
Moeda | Nakfa |
Organizacións comerciais de que fai parte | FMI |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 3 625 millóns (2010) |
Posición do PIB | 169ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 2,2% (2010) |
PIB per cápita | $ 600 (2010) |
PIB por sector | agricultura 11,8%, industria 20,4%, comercio e servizos 67,7% (2010) |
Inflación | 20% (2010) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1.935.000 (2007) |
Forza de traballo por sector | agricultura 80%, industria, comercio e servizos 20% (2004) |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | procesamento de alimentos, bebidas, roupas e téxtiles, manufacturas lixeiras, sal, cemento |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 25 millóns (2010) |
Produtos de exportación | animais vivos, sorgo, téxtiles, alimentos, manufacturados lixeiros |
Principais mercados | India 25,3%, Italia 20,7%, Sudán 14,1%, República Popular da China 12,9%, Francia 5,5%, Arabia Saudita 5,4% (2008) |
Importacións | 738 millóns (2010) |
Principais produtos importados | máquinas, derivados de petróleo, alimentos, produtos industrializados |
Principais mercados | Arabia Saudita 20,7%, India 13,6%, Italia 12,6%, República Popular da China 9,9%, Estados Unidos 5,1%, Alemaña 4,6% (2008) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 961,9 millóns (2008) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Tras a súa independencia de Etiopía en 1993, Eritrea enfrontou os problemas dunha economía pequena e moi pobre, agravados pola implementación recente de políticas restritivas recentes.[1] Como outras nacións africanas, gran parte da súa poboación - o 80% - vive da agricultura de subsistencia,[1] (cereais, patacas, garavanzos), a gandaría (ovellas, cabras, camelos), agravada polas sucesivas guerras con Etiopía. Tras a ofensiva de 2000, Eritrea tivo perdas por valor superior aos 825 millóns de dólares, con graves danos no sector agrícola, mantendo un crecemento negativo da súa economía durante tres anos.
Massaua e Assab son dous importantes portos pesqueiros.
Tras o conflito, as actuacións públicas han conseguido melloras importantes en portos, aeroportos e comunicacións por estrada, aínda que se está moi lonxe de conseguir o descenso significativo da taxa de desemprego e estabilizar a economía para que sexa apetecible aos investimentos estranxeiros.
O déficit alimentario causado polas guerras e as catástrofes naturais cóbrese con axudas internacionais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 The World Factbook. Consultado o 9 de xuño de 2011
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).