Erik V de Dinamarca
Aparencia
Erik V Glipping, nado en Laaland en 1249 e finado en Finderup en 1286, foi Rei de Dinamarca entre os anos 1259 e 1286.
Traxectoria
Fillo de Cristovo I. Tivo dous fillos: Erik Menved e máis Cristovo, de quen descendería o futuro Cristián I. En 1282 a nobreza obrigoulle a firmar unha carta que limitaba o poder real. Morreu asasinado.
Predecesor: Cristovo I |
Rei de Dinamarca 1259 - 1286 |
Sucesor: Erik VI |
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Erik V de Dinamarca |