[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Factory Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de agosto de 2019 ás 14:15 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (→‎Curiosidades: {{Curiosidades}})

Modelo:Discográfica Factory Records foi unha compañía discográfica independente creada en Manchester (Reino Unido) no 1978. A iniciativa parte de Tony Wilson, xornalista de Granada TV, como medio de dar saída ás bandas que actuaban no seu club The Factory. Axudado por Alan Erasmus, Rob Gretton (axente de Joy Division), o produtor Martin Hannett e o deseñador Peter Saville, o selo editou parte dos discos máis emblemáticos do pop británico ata o seu peche en 1992, ano en que foi absorbida por London Records.

Na actualidade, Factory vive a súa cuarta encarnación como F4 Records.

Historia

A finais da década de 1970, a cidade de Manchester convertérase nun dos principais lugares do Reino Unido onde se desenvolvía unha escena punk e posteriormente new wave. O xornalista Tony Wilson estaba interesado neste transcurso dende o primeiro concerto dos Sex Pistols en Lesser Trade Hall. Mais fechado o Electric Circus, un dos lugares onde as bandas locais ían tocar, a Wilson ocorréuselle abrir o The Factory. O local era moi concorrido e ao pouco tempo, Wilson, xunto co seu amigo Alan Erasmus, o deseñador de portadas de discos Peter Saville, o axente musical Rob Gretton e o produtor discográfico Martin Hannett, funda un selo discográfico co mesmo nome.

O selo iniciouse con bandas de Manchester, como The Durutti Column e Joy Division, así como outros artistas que eran doutras partes, como Cabaret Voltaire (que eran de Sheffield), o comediante John Dowie (proveniente de Birmingham) e Orchestral Manoeuvres In The Dark (OMD) (formados nas proximidades de Liverpool).

Bandas que gravaron para Factory Records

Curiosidades

  • É célebre o curioso sistema de catalogación de Factory Records, xa que non só os produtos discográficos levaban número de referencia. Así, FAC1 refírese ó cartel que anunciaba a primeira noite do Factory Club, ou FAC51 refírese a The Haçienda, o club que a discográfica abriu en 1982.
  • En 2002, o británico Michael Winterbottom dirixiu 24 Hour Party People, unha película que amosaba parte da historia de Factory Records a través dos ollos de Tony Wilson e dalgúns dos artistas máis emblemáticos do selo, como Joy Division ou Happy Mondays.

Véxase tamén

Ligazóns externas