[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Fallout (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fallout
Desenvolvedor(es)Black Isle Studios
Micro Forte
Bethesda Game Studios
Obsidian Entertainment
Masthead Studios
Distribuidora(s)Interplay Entertainment
14 Degrees East
Bethesda Softworks
XéneroRol
Plataforma(s)Windows, Mac OS, Mac OS X, MS-DOS, Playstation 2, Playstation 3, Xbox 360, Playstation 4 e Xbox One
Na rede
http://fallout.bethsoft.com/
Twitter: Fallout Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fallout é unha serie de videoxogos de rol publicados orixinalmente por Interplay e, posteriormente, por Bethesda Softworks. Aínda que as tramas dos videoxogos deserolanse nos séculos 22 e 23, prevalece unha gran influencia da cultura de posguerra desenrolada nos anos 50 en Norteamérica, así como da combinación de esperanza de progreso tecnolóxico e o medo á aniquilación nuclear. Esta saga se sole considerar como a secuela non oficial do videoxogo Wasteland, aínda que non tomou ese nome debido a que Electronic Arts posuía os dereitos sobre el e, aínda que con algunhas referencias comúns, os videoxogos desenrólanse en universos diferentes.

Os dous primeiros títulos da serie (Fallout e Fallout 2) foron desenrolados por Black Isle Studios. Fallout Tactics foi desenrolado en 2001 por Micro Forté e 14 Degrees East; tratase dun videoxogo de rol táctico. En 2004, Interplay cerró os Estudios Black Isle[1] e continuou producindo un videoxogo de acción con elementos RPG para PlayStation 2 e Xbox, Fallout: Brotherhood of Steel sen "Black Isle Studios". A terceira entrega da saga foi o exitoso Fallout 3, publicado en 2008 por Bethesda Softworks. Fallout: New Vegas foi desenrolado por Obsidian Entertainment con moitos antigos empregados de Black Isle que traballaron no desenrolo de Fallout e Fallout 2.

Bethesda Softworks posúe actualmente os dereitos para facer calquera videoxogo novo da serie[2][3] e cedeu dereits a Interplay para que desenrole unha versión de Fallout en forma de videoxogo de rol multijugador masivo en línea.

Os protagonistas da historia van variando nos distintos títulos. En cada entrega o xogador toma o papel dun personaxe (personalizable) distinto ao dos videoxogos anteriores, cunha historia de transfondo totalmente nova.

Videoxogos

A saga está composta das seguintes entregas:

Notas

  1. Q&A: Feargus Urquhart Entrevista de Gamespot có fundador de Black Isle
  2. "Contrato entre Bethesda e Interplay Entertainment Corp". 9 de abril de 2007. Consultado o 9 de xuño de 2010. 
  3. "A licenza de Fallout cambia de máns". 9 de abril de 2007.  |url-arquivo= ten un formato incorrecto: data (Axuda)

Véxase tamén