Fenda de xénero
A fenda de xénero[1][2] (en inglés gender gap) é unha construción analítica e empírica que xorde da diferenza entre as categorías dunha variábel en relación coas taxas masculinas e femininas.[3] Destaca as desigualdades existentes entre homes e mulleres en calquera ámbito, en relación co nivel de participación, acceso a oportunidades, dereitos, poder e influencia, remuneración e beneficios, control e uso dos recursos, que lles permiten garantir o seu benestar e desenvolvemento humano.[4] As fendas de xénero exprésanse en todas as áreas do desempeño, como a económica, social, laboral, cultural, sanitaria etc. Fúndanse na xerarquización das diferenzas entre homes e mulleres e exprésanse de distinta maneira segundo a área de que se trate.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi a feminista estadounidense Eleanor Smeal quen utilizou por primeira vez o concepto "gender gap" en 1980 aplicado na política, para explicar as diferenzas no voto de homes e mulleres na política dos Estados Unidos, e sinalando que a fenda de xénero sería decisiva na elección do novo presidente do país.[5] En 1984, Eleanor Smeal escribiu un libro sobre a fenda de xénero: Why and How Women Will Elect the Next President (Harper & Row).[6][7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fenda.
- ↑ "Unidad de Igualdad de Género - Instituto Andaluz de la Mujer - Consejería para la Igualdad y el Bienestar Social".
- ↑ "Manual para Facilitadores de auditoría de género" (PDF).
- ↑ "The Feminist Factor Analysis". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 04 de setembro de 2018.
- ↑ "Ms. Magazine | The Gender Gap Then and Now". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 04 de setembro de 2018.
- ↑ "Gender Gap Decisive in Marriage Equality Victories".
- ↑ "Eleanor Smeal talks about women and politics". Christian Science Monitor. 20 de marzo de 1984. ISSN 0882-7729. Consultado o 27 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |