[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Fisterra, Fisterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de agosto de 2017 ás 09:59 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san)
Fisterra
Igrexa de Santa María de Fisterra.
ConcelloFisterra
Coordenadas42°54′06″N 9°15′49″O / 42.90166667, -9.26361111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación3.034 hab. (2013)
Entidades de poboación4
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Fisterra é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.034 habitantes (1.558 homes e 1.476 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.176 habitantes.

Patrimonio

A igrexa parroquial de Santa María das Areas sitúase na estrada de acceso ao faro, na aba do monte do Cabo. Foi construída no século XII, e nela custódiase a imaxe do Santo Cristo de Fisterra.

En 1479 o párroco Alonso García mandou construír a carón do templo o Hospital de Peregrinos da Nosa Señora do Rosario, para atender aos peregrinos chegados.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Fisterra

Lugares da parroquia de Fisterra no concello de Fisterra (A Coruña)

O Cabo | Fisterra | A Insua | San Roque

Parroquias de Fisterra

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra

Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán)

Véxase tamén

Outros artigos