Galimzian Khusainov
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1937 Nurlatsky, Rusia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 5 de febreiro de 2010 (72 anos) Moscova, Rusia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Danilov Cemetery (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Higher School of Coaches (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1957 - 1973 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Unión Soviética | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1964 | Eurocopa de Fútbol España 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Galimzian Salikhovich Khusainov (en tártaro: Галимҗан Салих улы Хөсәенев), nado en Noboe Iglaikino o 27 de xuño de 1937, e finado en Moscova o 5 de febreiro de 2010, foi un futbolista e xogador de bandy soviético, de orixe tártara.[1] Xogaba como dianteiro e foi capitán do Dinamo Kuibyshev e tamén do Spartak de Moscova, club no que militou durante máis dunha década e do que é o terceiro máximo goleador histórico.[2]
Internacional en 33 ocasións coa selección de fútbol da Unión Soviética, foi subcampión da Eurocopa de 1964, na que marcou un gol na final ante España.[3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Naceu en 1937 en Noboe Iglaikino, no distrito de Nurlatskii, por aquel entón parte da República Autónoma Socialista Soviética Tártara e hoxe dentro da República de Tatarstán. Comezou a súa carreira como futbolista en 1953 en Kuibyshev, no equipo xuvenil do Dinamo, pasando tres anos despois ao Krylya Sovetov da mesma cidade. Alí xogou durante 4 anos, sendo o líder e capitán do equipo.[4]
En 1960 recibiu ofertas de varios clubs, fichando finalmente polo Spartak de Moscova.[2] Capitán dende 1967, gañou co club dúas ligas soviéticas e tres Copas da URSS. Na final da Copa de 1963 marcou un gol olímpico ante o Shakhtar Donetsk.[4]
Selección soviética
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección soviética o 17 de agosto de 1960 nun partido ante a selección da RDA, no que os soviéticos gañaron 1-0.[5] Disputou coa selección os Mundiais de 1962 e 1966, acadando no segundo deles as semifinais.
Marcou o seu primeiro gol internacional na final da Eurocopa de 1964, batendo a Iríbar e igualando o gol inicial de Chus Pereda, aínda que os soviéticos acabaron perdendo o partido tralo gol definitivo do galego Marcelino.[5] Disputou un total de 33 partidos coa URSS e marcou 4 goles.
Trala retirada
[editar | editar a fonte]Despois de colgar as botas traballou como adestrador asistente en varios equipos, como o propio Spartak Moscova e a selección soviética.[5] Ademais foi membro do Partido Comunista da Unión Soviética.[6]
Morreu a noite do 5 de febreiro de 2010, aos aos 73 anos de idade,[7] despois de padecer unha atrofia cerebral durante máis de 15 anos.[8] Foi soterrado o 9 de febreiro no cemiterio de Danilovskii.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi elixido Futbolista Soviético do Ano en 1963, mentres que quedou tres veces segundo (1961, 1964, 1965) e catro veces terceiro (1960, 1962, 1968, 1969). Ademais, os seus 142 goles como profesional fixérono entrar no Club Grigorii Fedotov, a lista de xogadores soviéticos/rusos con máis de 100 goles como profesionais.[10]
En 1967 foi condecorado como Mestre de Honra do Deporte da URSS.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Spartak Moscova
- Primeira División da Unión Soviética (2): 1962, 1969.
- Copas da URSS (3): 1963, 1965, 1971.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Галимзян Хусаинов". kc-camapa.ru (en ruso). Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Галимзян ХУСАИНОВ". sport-express.ru (en ruso). Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ "Наш Галимзян Хусаинов" (en ruso). 10 de agosto de 2007. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Маленький гигант большого футбола" (en ruso). 25 de xullo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Галимзян ХУСАИНОВ". rusteam.permian.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ "А НА ТРУСАХ - КАРМАН ДЛЯ ПАРТБИЛЕТА" (en ruso). 15 de agosto de 2007. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ "СКОНЧАЛСЯ ГАЛИМЗЯН ХУСАИНОВ" (en ruso). 5 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ "Прошли похороны легендарного спартаковца Хусаинова" (en ruso). 9 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ "Гиля любит джаз" (en ruso). 28 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2007. Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ "Club Grigorii Fedotov" (en ruso). 28 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Spartak Moscova (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2010.
- Biografía do xogador en utvb.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2010.
- Nados en Tatarstán
- Nados en 1937
- Finados en 2010
- Futbolistas da Unión Soviética
- Futbolistas de Rusia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do PFC Krylia Sovetov Samara
- Xogadores do FC Spartak de Moscova
- Xogadores da selección de fútbol da Unión Soviética
- Membros do Club Grigorii Fedotov
- Adestradores de fútbol da Unión Soviética