Gary Young
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Garrit Allan Robertson Young 3 de maio de 1953 Mamaroneck, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 17 de agosto de 2023 (70 anos) Stockton, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | músico, guionista, cantautor |
Período de actividade | 1988 - 2023 |
Xénero artístico | Indie rock, música pop, folk e punk rock |
Instrumento | Batería e Instrumento de percusión |
Selo discográfico | Matador Records |
Gary Young, nado en Mamaroneck, Nova York, o 3 de maio de 1953 e finado en Stockton, California, o 17 de agosto de 2023, foi un músico e produtor musical estadounidense coñecido por ser o primeiro batería da banda de indie rock Pavement.
Biografía
[editar | editar a fonte]Gary Young naceu en Mamaroneck, Nova York. O seu pai era enxeñeiro na industria dos plásticos e tiña amplos coñecementos sobre a fibra de carbono. Traballou con Ned Steinberger no desenvolvemento da construción do seu baixo eléctrico.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]Stephen Malkmus (voces, guitarra) e o seu amigo da infancia Scott Kannberg (guitarra, voces) formaron Pavement en Stockton, California, en 1989. O seu primeiro EP, Slay Tracks (1933-1969), gravouse nun estudio local chamado Louder Than You Think, que era propiedade de Young, aparecendo el no EP. Young tamén participaría nos seus dous seguintes EPs, Demolition Plot J-7, e Perfect Sound Forever, publicados respectivamente en 1990 e 1991, así como no seu álbum de estrea lanzado en 1992, Slanted and Enchanted. Young coñezou a gañarlle á banda un certo grao de notoriedade coas súas trasnadas dentro e fóra do escenario. Destacaba por saudar ao público na porta, repartir repolos, puré de patacas ou torradas de canela aos fans, e por facer o pino.[2]
O seu derradeiro lanzamento como membro do grupo foi o EP Watery, Domestic. Posteriormente apareceu en dous temas do EP Major Leagues de Spiral Stairs.
Young foi despedido de Pavement no ano 1993 debido a conflitos con Malkmus e co resto dos membros da banda.
Despois do seu paso por Pavement publicou tres álbums, Hospital, Things We Do for You, e The Grey Album baixo o nome de Gary Young's Hospital.[3] O vídeo musical da súa canción "Plant Man" apareceu no episodio "Skin Trade" da quinta tempada de Beavis and Butthead.
Young foi propietario dun estudio de gravación de última xeración.[2] Tamén desenvolveu e patentou o uso dunha araña para micrófonos universal. Realizounas individualmente e vendeu máis de 13 000 unidades.[2]
Foi clasificado no posto 42 dos 50 mellores baterías de rock pola revista Stylus.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gruhn, George (2016-07-07). "1978 Steinberger Prototype Bass". Vintage Guitar® magazine (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Straight Outta Stockton: Life Lessons from Pavement's Gary Young". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ "Hospital - Gary Young | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ "Stylus Magazine’s 50 Greatest Rock Drummers - Article - Stylus Magazine". stylusmagazine.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-10.