[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

HC Lev Praha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HC Lev Praha
Fundación2012
Cidade Praga,
República Checa República Checa
EstadioTipsport Arena
(13.150 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónBobrov
Director Normunds Sējējs
AdestradorRepública Checa Josef Jandač
Afiliado(s)Sparta Praha (Extraliga Checa)
CoresAzul, vermello e branco
                 
Na rede
http://www.hclev.eu/

O Hockey Club Lev Praha,[1] máis coñecido como Lev Praha, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Praga (República Checa). Foi fundado en 2012 e dende ese ano compite na Kontinental Hockey League (KHL). Non ten nada que ver co HC Lev Poprad, un club desaparecido da localidade eslovaca de Poprad, que competiu na KHL durante a tempada 2011-12.[2]

HC Lev en Hradec Králové e Poprad

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: HC Lev Poprad.

En 2010 fundouse na localidade de Hradec Králové (República Checa) un equipo chamado HC Lev Hradec Králové, coa intención de ingresar na KHL. Porén a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo non lle concedeu permiso ao club.[3] A causa diso, o equipo trasladouse á localidade de Poprad (Eslovaquia), e finalmente se lle concedeu permiso para competir na tempada 2011-12. Así a todo tras tan só unha tempada na KHL o club disolveuse.

Novo equipo en Praga (2012)

[editar | editar a fonte]

A finais da tempada 2011-12, un troco nos propietarios do Lev Poprad fixo que saltaran rumores en torno a unha posible reubicación en Praga (República Checa). En marzo de 2012, a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo (ČSLH) concedeulle permiso para xogar na KHL en representación da República Checa,[4] e a finais de abril, un novo equipo co mesmo nome, HC Lev, mais cunha organización distinta, inscribiuse na KHL para xogar na capital checa.[2]

O Lev Praha ten un acordo de cooperación co equipo local do Sparta Praha, club da Extraliga Checa e os dous equipos xogan no Tipsport Arena. Lev tamén ten pensado xogar catro partidos como local no O2 Arena, un estadio máis grande e moderno.

Tempada 2012–13

[editar | editar a fonte]

O Lev fichou ao adestrador checo Josef Jandač como adestrador xefe para a primeira tempada do equipo na KHL, onde Jiří Novotný foi o seu primeiro capitán. O equipo comezou a tempada o 6 de setembro de 2012 coa vitoria na casa por 2 goles a 1 fronte ao Dinamo Riga.[5]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Lev, drugs and healthy nutrition, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  3. "HC Lev will not play in 2010-11 KHL Championship, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 03/07/2010. Consultado o 19/09/2012. 
  4. Permission granted, en khl.ru
  5. "LEV wins 2-1 nailbiter in KHL debut, en levpraha.cz". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]