[go: nahoru, domu]

Saltar ao contido

Historia de Iacarta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de maio de 2007 ás 03:58 por 81.41.144.220 (conversa)

Hai constancia dun asentamento hindú coma porto na desembocadura do río Ciliwung dende os séculos IV-V : Sunda Kelapa. En concreto, no 450, o rei Purnawarman de Tarumanagara fai construir un canal de dez km ata o mar. Entre os séculos XII e XIV alcanza o séu florecemento sendo o maior porto do reino hinduista de Papajaran (capital na actual Bogor).

Entre 1513 e 1522 os portugueses arriban á zona e conseguen a concesión dun posto comercial con fortín, na procura de aliados por parte dos induistas fronte á amenaza do reino islámico veciño. Pero todo foi en balde: no 1527, o príncipe Fatahillah de Banten conquista Kelapa e a renomea Jayakarta ("gloriosa victoria"). Asentada no lado oeste do río posuía o característico centro ritual ou alun-alun das vilas xavanesas co palacio do rey ou dalem no seu lado sur ao que os musulmáns engaden a mezquita no costado oeste. A superficie encercada sería dunhas 30 Ha.

Dende 1596 os holandeses frecuentan a cidade e será en 1610 cando obteñan do príncipe Jayawikarta unha concesión na beira leste do río, xusto na súa desembocadura. Alí constrúen almacéns protexidos por un forte [1]. Para compensar, no 1615 os británicos conseguen o mesmo dereito na beira oposta. Os conflictos no tardan en aparecer e de resultas deles, os holandeses sairán triunfantes. En 1619 destrúen Jayakarta (ou Jacatra) e na celebración da victoria deciden nomear a súa concesión da beira dereita Batavia (polos Bátavos, tribu xermánica ancestro dos poboadores dos Paises Baixos).

De inmediato, Jan Pieterszoon da Compañía Holandesa das Indias Orientáis encarga ao enxeñeiro Simon Stevin o plano duhna nova cidade. Fronte ao solar baleiro de Jayakarta na outra beira do río [2] e según o modelo da metrópoli, Amsterdam: unha urbe articulada mediante canais (waterstad), con parcelas alongadas e estreitos lotes entre medianeiras[3][4]. Na segunda metade do século, o modelo duplícase ocupando o descampado de Jayakarta na outra beira. O total encercado aproxímase as 100 Ha[5].

O século dezaoito non supón ningún engadido a máis dunha liña de defensas arredor da cidade. Dentro, Batavia ou Kota coma era coñecida, o centro administrativo e comercial; distritos de chineses e árabes, kampungs (poboados con plantacións de azucre e cocoteros) de nativos xavaneses, e propiedades de ricos hacendados holandeses (landhuizen, unha delas será o orixen da actual Depok, no sur de Iacarta)[6][7].

Nos comezos do XIX, trala liquidación da Compañía Holandesa das Indias Orientáis, prodúcese un novo pulo ao desenrolo urbán. Os problemas de salubridade da cidade aconsellaban unha nova ubicación para o centro administrativo da colonia. Elíxese un lugar máis elevado, Weltevreden, 5 km ao sur e entre 1800-35 levántase un novo centro urbán arredor de dúas grandes prazas, a maior, Koningsplein, dunhas 100Ha (a actual Medan Merdeka). Planifícase de maneira espaciosa, para europeos pero adaptada as condicións tropicáis. Dominan a tipoloxía de vila con xardín e as oficinas gubernamentáis. No 1835, unha nova línea de defensas, la Vanden Bosch, marca os límites e da coherencia a cidade bicéfala, organismo urbán que manteráse sen grandes cambios perante un século[8].

Así foi ata o desenvolvemento de Gondangdia e Menteng entre 1920 e 1935 ao sur da Koningsplein, urbanizacións según o tipo de cidade-xardín para europeos acomodados [9]; e un novo porto en Tanjung Priok, uns sete kilómetros ao leste de Kota, iniciado coa chegada do ferrocarril na segunda metade do XIX [10].

Tra la independencia en 1949, Iacarta, xa con este nome, doblou a súa poboación. Decidíuse planificar una cidade satélite, Kebayoran Baru, inda máis ao sur. O seu diseño era unha mixtura de principios urbanísticos occidentais (cidade-xardín) e xavaneses (modelo dos kampungs indíxenas, autosuficientes e separados por espaciosas rutas de tráfico e zonas verdes)[11].

Coma capital da República de Indonesia, Iacarta seguíu a crecer descontroladamente ata converterse nuhna das maiores cidades do mundo[12], mantendo alomenos un centro de referencia, o alun-alun do país na Medan Merdeka ou Monas, polo monumento conmemorativo alí enhiesto[13].